Conferencias, actividades divulgativas e rutas en veleiro amplían o programa "Vigo camiño a camiño"
A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, presentou este venres as novidades da recta final do programa municipal "Vigo Camiño a Camiño", que contempla conferencias, rutas en veleiro e actividades divulgativas. Estas iniciativas se celebrarán por mor do Día Mundial de Medio Ambiente e do Día Mundial dos Oceános.
Este venres, a concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, presentou as actividades que se desenvolverán no marco do programa "Vigo camiño a camiño", con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente e do Día Mundial do Océanos, iniciativas postas en marcha polo Concello de Vigo de maneira conxunta coa Universidade de Vigo, a Asociación de Oceanógrafos de Galicia e a Estación de Ciencias Mariñas de Toralla – ENCIMAT- e o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas.
As actividades arrancan o día 3 de xuño, ás 20:00 horas, no salón de actos da Alcaldía, no edificio do antigo Reitorado, cunha conferencia do Decano da Facultade de Ciencias do Mar, Jesús Souza Troncoso, que leva por título "Una aproximación al Continente Helado".
O xoves, 5 de xuño, día Mundial do Medio Ambiente, José Manuel Naranjo, destacado deportista, líder da primeira expedición española que cruzou con esquís o Akshayuk Pass (Canada), participou en expedicións a Groenlandia levadas a cabo polo programa de televisión "Al filo de lo imposible" lles contará aos vigueses a súa percepción e opinión sobre o cambio climático. A cita será as 8 da tarde, no salón de actos da Alcaldía (Edificio do Antigo Reitorado). Xunto con el estará a Doutora en Ciencias del Mar e Coordinadora da Comisión de Divulgación da Asociación de Oceanógrafos de Galicia, Luísa Martínez, quen falará da súa experiencia como oceanógrafa na Antártida
O sábado, 7 de xuño, entre as 11.30 horas e as 14.30 horas, na praia da Illa de Toralla, os vigueses máis novos e os seus pais poderán participar na actividade "Confecciona o teu propio océano". Os participantes con axuda de cubos e pequenas redes de mostreo recollerán fauna e flora da zona intermaeral e crearán o seu propio ecosistema mariño dentro dun acuario. Un grupo de alumnos do segundo ciclo de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo axudarannos nesta tarefa. En palabras de Chus Lago, "esta actividade servirá para mostrar os nenos vigueses e os seus pais a riqueza da costa galega e sensibilizalos sobre a importancia do desenvolvemento sostible".
Esta semana dedicada ao medio ambiente pecharase o día 8 de xuño, Día Mundial dos Océanos, coa derradeira ruta o programa "Vigo camiño a camiño" desta quenda. Os participantes neste routeiro achegaranse en barco ata o peirao das Cíes para recorrer, acompañados por biólogos e membros da Asociación de Oceanógrafos de Galicia, este espazo natural de gran valor ecolóxico integrado no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas.
Ás 10:30 da mañá partirá un barco desde a Estación Marítima cara as Illas Cíes con todos os participantes inscritos neste itinerario. O regreso está previsto sobre as 18:30 horas.
A Concelleira tamén anunciou que para non esquecer o aprendido durante esta quenda de "Vigo camiño a camiño" os días 15, 21, 22 e 28 de xuño, 35 vigueses, acompañados por biólogos mariños, poderán coñecer a bordo dun veleiro a riqueza do medio mariño de Vigo, as artes tradicionais de pesca e mesmo mergullarse nas augas do Atlántico. Os interesados en participar terán que anotarse no 010, e a Concellería indicará en que momento poden empezar a inscribirse.
Por último, Chus Lago sinalou que o mércores, 11 de xuño realizarase un balance do programa, entregaranse os kits de sendeiristas a todos aqueles vigueses que teñen selado todo o routerio e proxectaranse as fotografías dos participantes en "Vigo camiño a camiño".
Os cidadáns que desexen participar nesta exposición poden deixar as súas fotografías nun CD na Consellería de Medio Ambiente ata o martes ou entregarllas, esta fin de semana, aos biólogos que guían a ruta ata o Monte Aloia
Rutas polas parroquias
"Vigo camiño a camiño" é un programa de balde para os cidadáns que terá lugar cada domingo desde o 2 de marzo ata primeira quincena do mes de xuño. A iniciativa consta de once rutas nas que os participantes percorrerán diferentes enclaves das parroquias de Beade, Bembrive, Zamáns, Valadares, Saiáns e Candean.
Descargar todas as imaxes