Escoitar

A Batalla de Flores celebrase o sábado dende a rúa Venezuela á praza de América

A Batalla de Flores celebrarase o sábado, día 31 de maio, e partirá ás 19 horas da rúa Venezuela para percorrer Camelias e Álvaro Cunqueiro, e rematar na praza de América.

venres, 30 mai 2008
1212148918batalla.jpg
Nesta nova edición da Batalla de Flores, que terá como temática as froitas e as hortalizas, participarán un total de catorce carrozas, cinco do Concello de Vigo e nove de diversas empresas, en concreto dúas da Asociación de Comerciantes de Vigo, unha de Caixanova, unha de El Corte Inglés, unha de Alcampo, unha de Gadisa, unha do Centro Comerical Gran Vía, unha de Carrefour e unha de Cespa.

Ademais, a festa contará con oito grupos de animación relacionados coa temática central deste ano, así como charangas, cañóns lanzadores de confetti e media hora antes do comezo do desfile distribuiranse 50.000 bolsas de serpentinas nos cinco puntos que se instalarán ao longo do percorrido.

A organización establecerás un posto de emerxencia na Praza da Independencia e dous postos de gardería para os nenos ou nenas que se poidan perder, un na praza Oito de Marzo e outro na praza de América, xunto ao monumento ao emigrante.
Descargar todas as imaxes