Escoitar

Os espectáculos máxicos volven o sábado ao Auditorio Municipal coa obra do Mago Cali "Maxia para soñar"

O Mago Cali estará o 31 de maio, no Auditorio Municipal para presentar a súa obra "Maxia para soñar", no marco da programación estable de teatro para o primeiro semestre de 2008, posta en marcha pola Concellería de Cultura e Animación Sociocultural. A representación, que terá lugar ás 18:00 horas, está dirixida a un público infantil e familiar.

venres, 30 mai 2008
1212147830maxia.jpg
As entradas, de 2 euros para os menores de doce anos e 3 euros para os maiores, pódense adquirir nas instalacións da Central de Espectáculos (na rúa Velázquez Moreno, número 26) e por internet na web www.centralespectaculos.com. Unha hora antes do comezo do espectáculo, se todavía quedasen entradas, poden mercarse na propia taquilla do Auditorio.

"Maxia para soñar" é un espectáculo para soñar espertos, no que se combinan distintas especialidades da maxia, como manipulación, mentalismo ou malabarismo, de xeito que todo o público asistente poderá disfrutar ao máximo.
Descargar todas as imaxes