A concelleira de educación visita o "arte na aula" no CEIP Canicouva
Laura López Atrio acudíu este venres ao CEIP Canicouva, en Pereiró, un dos centros onde se está a desenvolver a iniciativa da Concellería de Educación "Arte na Aula", que leva a obra de 26 artistas vigueses a 12 colexios da cidade. A mostra remata en decembro. <br />
A concelleira de Educación, Laura López Atrio, visitou na mañá deste venres o CEIP Canicouva, en Pereiró, un dos doce centros educativos da cidade onde está a ter lugar o programa municipal "Arte na Aula", iniciativa da Concellería de Educación do Concello de Vigo.
A concelleira mostrouse "encantada" da participación dos nenos, de 3 e 4 anos, xa que é unha "maneira de ensinarlles a mirar os cadros con atención", salientou Laura L. Atrio. Tras a visita dos cativos, estes representaron a súa obra favorita cos materiais de pintura.
Ao longo de esta semana estase a celebrar no centro, como puido comprobar a edil, esta mostra na que se poden ver varias obras de arte de diversos pintores. Durante a visita os nenos estiveron acompañados do coordinador da mostra, Mingos Teixeira. O centro Canicouva pon o punto e aparte ao itinerario da mostra, que comezará de novo co próximo curso e se estenderá ata setembro.
"Arte na Aula" presenta o obxectivo de achegar o arte aos alumnos. O Canicouva, como os restantes colexios que acollen esta mostra de carácter itinerante, alberga durante 10 días as pinturas, fotografías, gravados e esculturas de recoñecidos artistas da cidade.
O programa deu comezo o pasado 7 de marzo no Colexio Emilia Pardo Bazán, inauguración que contou coa presencia da concelleira de Educación e do alcalde de Vigo. A mostra posibilita ademais que todos os sectores da comunidade educativa teñan contacto directo coas obras de arte e cos seus creadores. "Arte na Aula" promove tamén unha participación activa nas visitas guiadas e conferencias impartidas por persoal cualificado dos ámbitos artístico e educativo.
Descargar todas as imaxes