Escoitar

Ocio xuvenil nas "Tardes e Noites Vivas"

"Tardes e Noites Vivas" é un programa de ocio alternativo para mozos e mozas, posto en marcha pola Concellería de Xuventude do Concello de Vigo en colaboración con diferentes entidades da cidade. O sábado, 31 de maio, o programa pon á disposición da xuventude viguesa un abano de actividades diferentes.

venres, 30 mai 2008
1212145021breakdance.jpg
Algunhas destas actividades:

-Acceso ás novas tecnoloxías: Internet, Chat, Messenger, Bluetooth, Wii, conexión wifi, liga de xogos en rede.
-Bailes: Latinos, iniciación ao break-dance e stepmanía.
-Obradoiros: Técnicas para ligar, xabóns aromáticos e artesanais, dobraxe cómica, personalización de móbile.
-Deportes: Campionato de tenis de mesa, baloncesto, musculación e squash.
-Xogos: Xogos de mesa, xogos de enxeño, xadrez, etc.
-Espazos para quedar, reunirse, xogar, etc.
-Sala de estudo
-Disco Light
-Animación de rúa
-Castroconcertos

Os espazos nos que se desenvolven estas actividades son:

-Espazo Xove do Castro (no Monte do Castro, ao carón da pista de bicicletas): de 17 a 01:00h.
-Pavillón Municipal de Deportes do Berbés (r/ Jacinto Benavente,1): de 23:00 a 1:30h.
-Punto Xove (r/ López de Neira, 27): de 21:00 a 2:00h.
-Sala A!: Avda. Beiramar, 113

A programación detallada pódese atopar na páxina web da Concellería de Xuventude (www.xuventudevigo.org) ou, en formato folleto, na Casa da Xuventude (López Mora, 31), stands da Concellería de Xuventude nos diferentes centros comerciais, institutos, etc. ou nas diferentes sedes do programa Tardes e Noites Vivas.

Máis información: Casa da Xuventude (López Mora, 31), Teléfono: 986 294 806 Correo electrónico xuventude@vigo.org
Descargar todas as imaxes