Seis praias de Vigo reciben a bandeira azul para este verán
Abel Caballero valorou de forma positiva este outorgamento, que recoñece a calidade dos areais de A Punta, O Vao, Rodas, O Tombo do Gato, Canido e Fontaiña. En comparación co ano pasado, a cidade conta cunha distinción menos, a da praia de Argazada, en Alcabre, un "erro de interpretación" do organismo que concede as bandeiras ao considerala como parte de Samil, explicou o alcalde.
Seis bandeiras azuis ondearán este verán en Vigo. ADEAC, a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor, entidade encargada da concesión dos galardóns, recoñeceu a calidade das praias de A Punta, O Vao, Rodas (Illas Cíes), O Tombo do Gato, Canido e Fontaiña.
A designación foi valorada positivamente polo alcalde de Vigo, quen informou de que, en relación co pasado 2007, Vigo recibe unha bandeira azul menos, no areal de Argazada, en Alcabre. Un "erro de interpretación", explicou Abel Caballero, dado que ADEAC considerou esta praia como parte de Samil, e se tomou unha mostra de auga desta última para avaliar os dous casos.
O Concello de Vigo, a través da Concellería de Medioambiente, ten previsto recorrer esta decisión, xa que a de Argazada é unha "praia autónoma que reúne os requisitos necesarios para ser galardoada coa bandeira azul", subliñou o rexedor, aínda que lle restou importancia á decisión.
Paralizadas as expropiacións
Noutro orde de cousas, o alcalde explicou en rolda de prensa as novas recibidas do Ministerio de Fomento, quen asegura que o pasado 16 de maio se informou aos veciños que estaban afectados pola entrada da Alta Velocidade á altura de Teis da suspensión do proceso de expropiacións.
Segundo as informacións adiantadas polo rexedor municipal, Fomento contactou cos 8 particulares, 5 descoñecidos e coas catro parcelas da autopista e lles remitiu un escrito, con acuse de recibo asinado, que afirma que se "está a estudar a modificación do trazado" de entrada do AVE, polo que se suspende "a acta previa de ocupación".
Descargar todas as imaxes