A programación municipal de teatro para adultos continúa este xoves e venres coa obra "Por diante e por detrás"
A obra "Por diante e por detrás" é a representación elixida para continuar este xoves e venres a programación estable de teatro para adultos posta en marcha pola Concellería de Cultura e Animación Sociocultural para o primeiro semestre do 2008. A representación terá lugar os días 29 e 30 maio, ás 21 horas. a cargo da compañía Máscara Procuccións.
As entradas, cun prezo de 5 euros, xa están a venda nas instalacións da Central de Espectáculos (na rúa Velázquez Moreno, número 26) e por internet na web www.centralespectaculos.com. Unha hora antes do comezo do espectáculo, se todavía quedasen entradas, poden mercarse na propia taquilla do Auditorio.
Máscara Produccións é unha compañía creada en Vigo no ano 1971 arredor de Manuel Camba, o seu primeiro director, que xa fixera montaxes para outras entidades da época. Dende ese ano, a compañía ten representado unha gran cantidade de obras, entre as que salientan "Cerimonia por un negro asasinado", "A pancarta", "Acto sen verbas", "É perigoso asomarse ao interior", ou "Asalto de cama", entre outras. Na actualidade, a compañía está integrada por Xerome Calero, Verónica Codesido, Patricia Alfaya, Pablo Puga, María Álvarez, Marco Antonio Álvarez, Beatriz Míguez e Antón Casal.
Os días 5 e 6 de xuño a compañía Bolovan Teatro porá o punto e final á programación de teatro para adultos para este primeiro semestre do 2008, coa representación´da obra "Feminino plural".