mércores, 28 mai 2008
"Unha nova era comeza mañá na cidade co gran espectáculo que ofrecerá Lenny Kravitz no Instituto Feiral de Vigo", salientou este xoves o tenente de alcalde, Santi Domínguez, na presentación do concerto do artista estadounidense, na que tamén participaron o representante da promotora que trae a Vigo a Lenny Kravitz e o xerente do Ifevi, Arsenio Iglesias. Na montaxe do concerto, que comezará mañá ás 22 horas, participan arredor de 130 persoas, e conta cunhas cifras técnicas que fan del "un gran espectáculo": 300.000 watios de luz, 120.000 watios de son, un escenario de 18x14 metros con alas para colocar monitores de 4x4 metros, e cañóns de 8 metros de altura. Todo o material suma un total de 18 toneladas, que é transportado en 6 trailers de 16,5 metros e unha autocaravana de 14 metros para o grupo.
mércores, 28 mai 2008
No curso actual, a campaña contempla charlas en 80 centros de Vigo, prácticas no Parque Infantil de O Castro e actividades como o reparto de carteis informativos ou a Feira da Xuventude. O departamento de Educación Vial xa está a preparar a programación para o vindeiro curso. O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Seguridade, Xulio Calviño, visitaron este mércores o centro de educación vial de O Castro.
mércores, 28 mai 2008
A Fundación Vigo en Deporte e o Instituto Municipal dos Deportes organizan a novena edición do Campus Polideportivo dirixido a nenos e nenas s de 8 a 14. Trátase dun programa no cal as actividades deportivas e recreativas, veranse cubertos por unha serie de actividades dirixidas e enfocadas a cada grupo de idade específico, potenciando valores como o compañeirismo, a cooperación e o traballo en equipo. <br />
mércores, 28 mai 2008
O Servizo de Educación do Concello de Vigo no marco da proposta didáctica "VIGO ACTIVITIES" leva a escea no Auditorio Helios de Bembrive o mércores 28 e xoves 29 de maio en horarios matinais de 10,30 e 12,00 horas, 4 funcións da obra de teatro en inglés "Drákula", especialmente creada para escolares do 3º Ciclo de Educación Primaria polo Grupo de Zaragoza "Firewalk Theatre Productións S.L.".<br />
mércores, 28 mai 2008
A obra "Por diante e por detrás" é a representación elixida para continuar este xoves e venres a programación estable de teatro para adultos posta en marcha pola Concellería de Cultura e Animación Sociocultural para o primeiro semestre do 2008. A representación terá lugar os días 29 e 30 maio, ás 21 horas. a cargo da compañía Máscara Procuccións.