venres, 30 mai 2008
A Batalla de Flores celebrarase o sábado, día 31 de maio, e partirá ás 19 horas da rúa Venezuela para percorrer Camelias e Álvaro Cunqueiro, e rematar na praza de América.
venres, 30 mai 2008
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, agasallou a Lenny Kravitz cunha gaita tradicional galega, minutos antes de que o músico arrincara en Vigo a súa xira europea "It is time for a love revolution". O músico americano amosou o seu agradecemento e sorpresa polo obsequio.<br />
venres, 30 mai 2008
O programa "Verán Xove 08", organizado pola Concellería de Xuventude, amplía a súa oferta de actividades dirixidas a rapaces e rapazas de entre 4 e 18 anos, segundo anunciou este venres a Iolanda Veloso. "Na edición deste ano ofertamos máis de 1.500 prazas, debido ao incremento non campamentos e actividades desenvolvidas na propia cidade", explicou a concelleira de Xuventude.
venres, 30 mai 2008
A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, presentou este venres as novidades da recta final do programa municipal "Vigo Camiño a Camiño", que contempla conferencias, rutas en veleiro e actividades divulgativas. Estas iniciativas se celebrarán por mor do Día Mundial de Medio Ambiente e do Día Mundial dos Oceános.
venres, 30 mai 2008
Laura López Atrio acudíu este venres ao CEIP Canicouva, en Pereiró, un dos centros onde se está a desenvolver a iniciativa da Concellería de Educación "Arte na Aula", que leva a obra de 26 artistas vigueses a 12 colexios da cidade. A mostra remata en decembro. <br />
venres, 30 mai 2008
"Tardes e Noites Vivas" é un programa de ocio alternativo para mozos e mozas, posto en marcha pola Concellería de Xuventude do Concello de Vigo en colaboración con diferentes entidades da cidade. O sábado, 31 de maio, o programa pon á disposición da xuventude viguesa un abano de actividades diferentes.
venres, 30 mai 2008
O Mago Cali estará o 31 de maio, no Auditorio Municipal para presentar a súa obra "Maxia para soñar", no marco da programación estable de teatro para o primeiro semestre de 2008, posta en marcha pola Concellería de Cultura e Animación Sociocultural. A representación, que terá lugar ás 18:00 horas, está dirixida a un público infantil e familiar.
venres, 30 mai 2008
"Nano" é o nome elixido, para a cria de macaco que se atopa en Vigozoo, de entre máis dos 247 propostos no pasado concurso online organizado a través do diario Faro de Vigo.