Vigo acollerá o primeiro encontro empresarial entre Galicia e América Latina do 22 ao 24 de xuño
Froito do traballo conxunto entre a Concellería de Comercio, Industria e Comercio, a Confederación de Empresarios de Pontevedra, e a Cámara de Comercio, entre outras entidades, a cidade de Vigo acollerá os días 22, 23 e 24 de xuño o primeiro encontro empresarial entre Galicia e América Latina. Estas xornadas foron presentadas hoxe polo tenente de alcalde e concelleiro de Comercio, Industria e Comercio, o nacionalista Santi Domínguez, o presidente da CEP, José Manuel Fernández Alvariño, o xerente da Cámara de Comercio viguesa, Manuel García, e o director do director do Instituto para a promoción e a análise exterior (IPAEX) Lino Pellitero.<br />
"Trátase dunha oportunidade única para proxectar a nosa cidade en América Latina", salientou Santi Domínguez, quen lembrou que a iniciativa ten a súa orixe na celebración en Santiago de Compostela hai dous anos dun encontro empresarial propiciado polo Sistema Económico Latinoamericano e do Caribe (SELA). "A partir desa xornadas, dende a Consellería de Comercio, Industria e Turismo plantexouse a posibilidade de celebrar un encontro en Vigo de similares características", explicou. Na xornada que terá lugar en xuño, un grupo de vinte empresas procedentes dez países Latinoamericanos, entre os que figuran México, Uruguai e Venezuela, entre outros, os empresarios que veñan a Vigo poderán coñecer de primeira man a realidade empresarial de entidades como o Porto, Zona Franca, a Universidade, Citroën, Pescanova ou Caixa Galicia.
O tenente de alcalde asegurou que a celebración na cidade deste encontro é "unha garantía da capacidade económica, empresarial e emprendedora de Vigo, sobre todo nun momento de crise". A xuízo de Santi Domínguez, nun momento de desaceleración económica "non podemos quedarnos parados". Neste sentido sinalou que é precisamente en este contexto se pensou na "pertinencia" de celebrar o encontro. "Estou tremendamente ilusionado coa celebración deste encontro e gratamente sorprendido pola acollida que a iniciativa tivo entre as empresas latinoamericanas, das que houbo máis de 150 solicitudes", salientou. Para o tenente de alcalde, o éxito da proposta pon de manifesto que cando se presenta un proxecto "vertebrador da cidade", a resposta é "moi satisfactoria". Neste sentido subliñou que o sector empresarial amosou que sabe "estar á altura cando se trata de apoiar ás administracións públicas na posta en marcha proxectos importantes para a cidade". Así, agradeceu o apoio amosado por parte da Confederación de Empresarios de Pontevedra e da Cámara de Comercio, porque "dende o primeiro momento manifestaron a súa disposición", así como o Porto de Vigo e a Zona Franca.
O xerente da Cámara de Comercio, pola súa banda, agradecu en nome do presidente desta entidade, que non puido asistir ao acto, as palabras do tenente de alcalde, e salientou que a súa colaboración procura ser "o máis práctica posible" para que o perfil das empresas participantes sexa o máis axeitado. "Este é o mellor momento para mirar cara ao exterior, a outros mercados nos que as oportunidades de desenvolvemento sexan mellores, como é o caso de América Latina", salientou Manuel García, quen aseguroou que dende a Cámara de Comercio de Vigo "estamos moi orgullosos de poder colaborar na organización deste evento".
José Manuel Fernández Alvariño reiterou as súas felicitacións ao tenente de alcalde e concelleiro de Comercio, Industria e Turismo, "por propiciar o encontro" nunhas circunstancias en que se poñen de manifesto as necesidades de comunicación entre as empresas. "Neste momento de crise, sairán máis fortalecidas as empresas máis preparadas e as cidades máis emprendedoras", subliñou o presidente da Confederación de Empresarios.
Finalmente, o presidente do o Instituto para a promoción e a análise exterior, deu conta dos aspectos máis técnicos do encontro. Así, explicou que as vinte empresas que participarán no encontro foron selecionadas entre máis de 150 candidatas, e que representarán sectores como o do metal, a pesca e as novas tecnoloxías, especialmente. Segundo indicou Lino Pellitero, o programa articúlase en tres eixos fundamentais: o coñecemento da cidade e o seu tecido institucional e empresarial; a colaboración entre as diferentes institucionais que traballan no ámbito do comercio exterior; e, por último, as relacións bilaterais, que se celebrarán no pazo de San Roque.
Descargar todas as imaxes