xoves, 29 mai 2008
Froito do traballo conxunto entre a Concellería de Comercio, Industria e Comercio, a Confederación de Empresarios de Pontevedra, e a Cámara de Comercio, entre outras entidades, a cidade de Vigo acollerá os días 22, 23 e 24 de xuño o primeiro encontro empresarial entre Galicia e América Latina. Estas xornadas foron presentadas hoxe polo tenente de alcalde e concelleiro de Comercio, Industria e Comercio, o nacionalista Santi Domínguez, o presidente da CEP, José Manuel Fernández Alvariño, o xerente da Cámara de Comercio viguesa, Manuel García, e o director do director do Instituto para a promoción e a análise exterior (IPAEX) Lino Pellitero.<br />
xoves, 29 mai 2008
Abel Caballero valorou de forma positiva este outorgamento, que recoñece a calidade dos areais de A Punta, O Vao, Rodas, O Tombo do Gato, Canido e Fontaiña. En comparación co ano pasado, a cidade conta cunha distinción menos, a da praia de Argazada, en Alcabre, un "erro de interpretación" do organismo que concede as bandeiras ao considerala como parte de Samil, explicou o alcalde.
xoves, 29 mai 2008
<br />
Co motivo da celebración o vindeiro sábado, 31 de maio, o Día Mundial sen Tabaco, o Plan Local sobre Drogodependencias e Outras Adiccións instalará mañá unha mostra no Centro Comercial Praza Elíptica sobre os efectos perxudiciais do tabaco, segundo anunciou hoxe a concelleira de Benestar Social, María Méndez. "Esta iniciativa forma parte da programación que estamos a desenvolver polo décimo aniversario da posta en marcha do Plan Local de Drogas", salientou a edil.<br />
MOBILIDADE E SEGURIDADE
xoves, 29 mai 2008
Con motivo do inicio da época estival e para actualizar as autorizacións de ocupación dos postos de venda ambulante existentes en Samil, infórmaselle ás persoas que tiveron autorización durante o ano 2007 que para a renovación das mesmas deberán presentar a seguinte documentación: