Benestar Social organiza unha mostra no Centro Comercial Praza Elíptica sobre os efectos perxudiciais do tabaco
<br /> Co motivo da celebración o vindeiro sábado, 31 de maio, o Día Mundial sen Tabaco, o Plan Local sobre Drogodependencias e Outras Adiccións instalará mañá unha mostra no Centro Comercial Praza Elíptica sobre os efectos perxudiciais do tabaco, segundo anunciou hoxe a concelleira de Benestar Social, María Méndez. "Esta iniciativa forma parte da programación que estamos a desenvolver polo décimo aniversario da posta en marcha do Plan Local de Drogas", salientou a edil.<br />
A mostra, que poderá visitarse de 10 a 14 horas, está integrada por carteis informativos, folletos, calendarios, separadores, e pósters, entre outro material explicativo, sobre os efectos perxudiciais que produce a dependencia ó tabaco. Así mesmo, para todas aquelas persoas que poideran estar interesadas, levarase a cabo por parte do persoal de profesionais presentes na exposición, exploracións que permiten coñecer a cantidade de monóxido de carbono que un suxeito ten no aire que espira, denominadas cooximetrías. "Esta cantidade está en relación co seu hábito como fumador", explica a concelleira de Benestar Social.