Escoitar

A cría de macaco de Vigozoo xa ten nome

"Nano" é o nome elixido, para a cria de macaco que se atopa en Vigozoo, de entre máis dos 247 propostos no pasado concurso online organizado a través do diario Faro de Vigo.

venres, 30 mai 2008
1212153485macaconano.jpg
Nano, a cría de macaco
O concurso denominado "na procura do nome perdido" realizouse a través da páxina web do propio diario e consistiu en propor nome para a cría do macaco de Xibraltar que cumpriu un ano o pasado 13 de maio. Participaron todos os nomes recibidos dende o 10 de abril ata o pasado 15 de maio.

O gañador recibirá un bono anual familiar para visitar Vigozoo durante todo o ano 2008 xunto coa súa familia, e ademais do nome premiado, as dez propostas de nomes máis votadas polos usuarios recibirán catro invitacións para asistir un día a Vigozoo.
Descargar todas as imaxes