O Concello destina case 400.000 euros en subvencións para o fomento de participación cidadá
O concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor Rodríguez, ven de presentar, en rolda de prensa, a convocatoria de subvencións para asociacións cara a realizar actividades de fomento da participación e para inversións en infraestructuras e equipamentos.
Esta convocatoria, segundo anunciou o concelleiro, presenta novidades respecto das anteriores como a simplificación dos trámites para presentación das solicitudes e novas subvencións para adquisición de equipamento (mobiliario, equipos informáticos, equipos de luz e son, etc)
Os importes destinados son de 170.000,00 € para subvencións de actividades e fomento da participación cidadá e mantemento das asociacións veciñais e de 225.000,00 € para subvencións de inversións en infraestructura e equipamento.
Santos Héctor subliñou que a cantidade consignada para actividades increméntase en case un 20%, xa que desde o ano 2004 non tivo incremento e con respecto ás referidas a inversións en infraestructura e equipamento o esforzo foi aínda superior xa que desde o ano 2005 non se realizaron convocatorias e o incremento é de 50%".
No ano 2007 na convocatoria de fomento de solicitaron axudas un total de 68 asociacións das que 56 recibiron axudas e as outras 12 non por diversas causas (presentadas fora de prazo, non estar inscritas, ten débedas coas administracións, etc).
Das asociacións que recibiron axudas 33 a recibiron só para actividades, 4 veciñais só para mantemento das instalacións e 19 asociacións veciñais recibiron dúas axudas, unha para actividades e outra para mantemento.
As solicitudes de subvencións para o ano 2008 poderán presentarse no rexistro xeral municipal ata o día 19 de xuño, podendo recoller as bases e os impresos na oficina de información da lonxa do Concello, ou baixar a documentación a través de internet na páxina web www.vigo.org ou no portal das asociacións www.cidadansvigo.org, así como recibir máis información no teléfono 010 de información municipal.
Descargar todas as imaxes