Escoitar
Anuncio Mobilidade, Seguridade e Transportes

Aprobación definitiva da Ordenanza municipal reguladora da instalación de terrazas na vía pública

<br />

venres, 30 mai 2008
O Pleno do Concello de Vigo, en sesión ordinaria de 28 de abril de 2008, aprobou definitivamente a Ordenanza Municipal reguladora da instalación de terrazas na vía pública (exp. nº 74215/210).
No BOP nº 94, de 16 de maio de 2008, publicouse o anuncio da aprobación definitiva da devandita Ordenanza xunto co teor literal da mesma. A norma entrará en vigor o vindeiro 5 de xuño de 2008.
Lémbrase á cidadanía que os interesados que pretendan instalar na vía pública unha terraza dunha cafetería deberán presentar a súa solicitude-autoliquidación cun mes, como mínimo, de antelación á data de instalación que interesan. Asemade, o funcionamento da terraza deberá axustarse aos horarios establecidos na Ordenanza Municipal.

Os actos e omisións que contraveñan o disposto na Ordenanza tipifícanse como infraccións administrativas de carácter leve, grave e moi grave, contemplándose sancións por importe de ata 600 €, no caso das infraccións leves, de 601 € ata 1.200 € no caso das infraccións graves, e de 1.201 € ata 2.000 € no caso das infraccións moi graves.

Prégase a colaboración da cidadanía no cumprimento da Ordenanza Municipal, para evitar o exercicio da potestade sancionadora da Administación.