As negociacións para o novo convenio colectivo do persoal do Concello comezarán antes do 15 de xuño
O concelleiro de Persoal, Carlos L. Font, mostrou a "preocupación" e a "vontade" do goberno de solventar a situación dos traballores do Concello, sen novo convenio desde o 31 de decembro de 2002, e anunciou este martes que comezará as negociacións formais cos sindicatos e o Comité de Empresa antes do próximo 15 de xuño para a elaboración do novo acordo.
O concelleiro de Persoal, Carlos López Font, avanzou este martes que comezará "non máis tarde do 15 de xuño" as negociacións cos sindicatos e o Comité de Empresa do Concello de Vigo para a elaboración dun novo convenio colectivo para os traballadores públicos.
O actual acordo do persoal venceu o 31 de decembro de 2002, segundo informou o edil, e o goberno "vai tomar a iniciativa" para renovalo, "tras 5 anos sen vontade política", xa que "está desfasado nas súas condicións económicas e sociais". O obxectivo do concelleiro pasa por acadar un acordo que xa teña o seu reflexo nos próximos orzamentos municipais de 2009.
Carlos Font salientou que o goberno xa tomou algunhas medidas para mellorar a situación de, por exemplo, a Policía Local -o reforzo de persoal- e os bombeiros -o abono económico en caso de accidentes-, pero hai ademais "bastantes colectivos" con dificultades dentro do persoal público. O concelleiro subliñou asemade a necesidade de actualizar a normativa correspondente aos riscos laborais.
Font adiantou que trasladará aos sindicatos e ao Comité a necesidade de que ambas partes marquen un "calendario para os próximos tres orzamentos" que inclúa as melloras do futuro acordo, xa que "non se pode solucionar nun só ano as cuestións que veñen de tempo atrás".
O concelleiro mostrou a súa "confianza e esperanza" en acadar un acordo "satisfactorio" e agradeceu e recoñeceu a labor da representación sindical presente no Concello de Vigo.
Un ano de goberno
O edil e voceiro do grupo municipal socialista no Concello de Vigo referiuse ao aniversario que precisamente este martes se cumpre das eleccións municipais do pasado 27 de maio de 2007. Carlos Font eloxiou ao "goberno consolidado" da cidade e ao seu "diálogo permanente" como "o mellor exemplo de cumprimento do pacto" asinado por BNG e PSdeG-PSOE.
O mellor deste ano, para o socialista, foi a "estabilidade política", e salientou os exemplos da aprobación dos orzamentos e do Plan Xeral, aínda que cualificou o seu funcionamento de "mellorable".
Descargar todas as imaxes