A Corporación insta á Universidade a buscar unha saída á diplomatura de Ciencias Empresarias
A Corporación Municipal aprobou na sesión plenaria celebrada hoxe unha enmenda á moción presentada polo grupo municipal do PP, na que se insta á Universidade de Vigo a dialogar con profesores e alumnos da actual Diplomatura en Ciencias Empresarias , unha saída satisfactoria á adaptación do plan de estudos actual.<br />
No proceso de adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior que se está a levar a cabo na Universidade de Vigo, se ven de aprobar unha proposta por parte do Reitorado para transformar ás dúas titulacións actuais do ámbito empresarial ( diplomatura en Ciencias Empresarias e licenciatura en Administración e Dirección de Empresas) nunha soa.
Ante esta situación e a desconformidade dos implicados , a Corporación tamén acordou solicitar á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que acade un consenso entre as partes para o establecemento simultáneo de os dous graos de estudos.
Acordouse tamén na sesión de hoxe executar a conexión e canalización das augas residuais dos vestiarios dos campos de fútbol do San Esteban de Beade e de San Andrés de Comesaña á rede de saneamento, xa que o primeiro verte directamente aos montes da parroquia e o segundo ao regato próximo a súas instalacións.
Por último a Corporación aprobou a posta en marcha da Oficina Municipal de Vivenda e a construcción dunhas ramplas para eliminar as barreiras arquitectónicas na praza de A Pedra co fin de facilitar o acceso cara Á Laxe.
Descargar todas as imaxes