Escoitar

O luns celebrase sesión ordinaria do Pleno do Concello

venres, 23 mai 2008
CONVOCATORIA


ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA que terá lugar o día 26 de MAIO de 2008, ás NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello.

1.- Actas anteriores. (Ss. ext. 24 e ord. 31.03.08)

2.- Toma de posesión da concelleira Dª Carlota Muñoz Posse.

ALCALDÍA
3.- Dar conta de resolución da Alcaldía de data 30 de abril relativa ó cambio de data na realización das sesións ordinarias da Xunta de Goberno Local.

URBANISMO
4.- Cambio de uso dotacional docente a xerontolóxico na parcela municipal "E-4.1" do Plan Parcial de Navia (Expte. 10890/411).

XESTIÓN MUNICIPAL
5.- Aprobación inicial da modificación orzamentaria núm. 27/08. Suplemento de crédito "Reurbanización da praza Eduardo Chao". Expte. 55250/250.

6.- Aprobación inicial da modificación orzamentaria núm. 32/08. Suplemento de crédito "Oficina Municipal de Voluntariado". Expte. 203/322.

7.- Nomeamento do representante suplente do Concello no Consello Territorial da Propiedade Inmobiliaria.

MEDIO AMBIENTE
8.- Aprobación inicial da modificación das disposicións comúns ás ordenanzas municipais de protección do medio ambiente. Expte. 5739/306.

MOBILIDADE
9.- Aprobación definitiva da ordenanza municipal reguladora das operaci óns de carga e descarga de mercadorías nas vías urbanas. Expte. 74358/210.

CULTURA, INDUSTRIA, TURISMO E PATRIMONIO HISTÓRICO
10.- Denominación de rúas na zona de Oia-Pedreira (expte. 10778/331):

a) Senra de Arriba.
b) Ángeles Alvariño.
c) Xohana Torres.
d) Mercedes Ruibal.

11.- Proposta de modificación de acordo plenario de data 31.03.08 de denominación de rúa co nome de "O Porbelo" no barrio de Lavadores. Expte. 1989/234.

ASUNTOS SOCIAIS
12.- Dar conta do acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local en sesión do 7 de abril de solicitude de subvención para o financiamento do mantemento e realización de programas e investimentos destinados á prestación de servizos sociais. Expte. 3352/224.

MOCIÓNS
13.- Do grupo municipal do BNG relativa á aplicación en Galicia da LOE (Lei Orgánica de Educación).

14.- Do grupo municipal do PP instando o apoio á FEGAMP nas actuacións que leva a cabo relacionadas co "Decreto do Habitat".

15.- Do grupo municipal do PP relativas ás titulacións universitarias de Diplomado en Ciencias Empresariais e Licenciado en Administración e Dirección de Empresas.

16.- Do grupo municipal do PP instando destinar o aproveitamento do PERI de Barreiro para a construción dun centro socio-comunitario en Lavadores.

17.- Do grupo municipal do PP instando a canalización das augas residuais dos campos de San Esteban de Beade e de San Andrés de Comesaña.

18.- Do grupo municipal do PP instando un plan director para o Arquivo Pacheco e que se prosiga cos traballos de conservación e investigación.

19.- Do grupo municipal do PP instando a posta en funcionamento da Oficina municipal de Vivenda.

20.- Do grupo municipal do PP instando obras de eliminación de barreiras arquitectónicas na praza de A Pedra.

21.- Do grupo municipal do PP relativa ó horario de apertura dos centros sociais da Xunta de Galicia e medios económicos.

22.- Rogos e preguntas.