venres, 23 mai 2008
O alcalde de Vigo e Presidente da Fundación Laxeiro, Abel Caballero, e a Presidenta do Parlamento de Galicia, Dolores Villarino, asinaron este venres un convenio polo que preto de 40 obras estarán expostas na Cámara autonómica entre setembro e decembro deste ano. Esta actividade se enmarca no centenario do nacemento do pintor.
venres, 23 mai 2008
As composicións de Enrique X. Macías volveran soar o domingo en Vigo. O compositor vigués, nado en 1958 e falecido prematuramente en 1995, é homenaxeado coa celebración dun recital no que a Sond'Arte Electric Ensemble de Portugal interpretará varias das súas composicións.
venres, 23 mai 2008
A campaña Sonche Xan!, posta en marcha pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, foi presentada este venres en Vigo, na procura de incrementar o consumo de peixe na poboación infantil de entre catro e doce anos. Na presentación participaron a conselleira de Pesca, Carmen Gallego, o alcalde, Abel Caballero, e o campión olímpico de piragüismo, David Cal.
venres, 23 mai 2008
A obra "Un avó especial", de Migallas teatro, é a montaxe elixida para continuar o sábado, 1 de marzo, coa programación estable de teatro para este ano 2008, organizada pola Concellería de Cultura, que dirixe Xesus López. Neste caso, trátase dunha representación dirixida ao público infantil que aborda o tema da enfermidade do Alzheimer, que terá lugar no Auditorio Municipal ás 18 horas.
MOBILIDADE E SEGURIDADE
venres, 23 mai 2008
Por medio do presente Bando, ponse en coñecemento dos interesados en realizar disparos ou queimas de material pirotécnico en contía menor de 50 kg. no termo municipal de Vigo, en especial as comisións de festas e empresas pirotécnicas, os requisitos necesarios para obter a preceptiva autorización municipal.