A cuarta edición da Batalla de Flores celebrarase o vindeiro domingo dende a rúa Venezuela á praza de América
A Batalla de Flores, recuperada no 2005 despois de que durante anos desaparecera do calendario festivo de Vigo, celebrarase o vindeiro domingo, día 31 de maio, segundo anunciou o concelleiro de Cultura, Xesus López. Na presentación da festa o edil sinalou que nesta edición, a cuarta dende a súa recuperación, variará o seu percorrido por mor das obras de construcción do aparcamento de Policarpo Sanz. Así, partirá ás 19 horas da rúa Venezuela e percorrerá Camelias e Álvaro Cunqueiro, para rematar na praza de América.<br />
"Trátase dunha festa que no seu día estivo moi arraigada na cidade, sendo o evento máis arraigado despois do Cristo da Victoria", explicou Xesus López, quen salientou que en só tres edicións xa conseguiu instalarse de novo no calendario das festas de Vigo, "acadando unha fran participación da cidadanía e a implicación das principais empresas da nosa cidade". Nesta nova edición da Batalla de Flores, que terá como temática as froitas e as hortalizas, participarán un total de catorce carrozas, cinco do Concello de Vigo e nove de diversas empresas, en concreto dúas da Asociación de Comerciantes de Vigo, unha de Caixanova, unha de El Corte Inglés, unha de Alcampo, unha de Gadisa, unha do Centro Comerical Gran Vía, unha de Carrefour e unha de Cespa.
Xesus López sinalou que establecerase un posto de emerxencia na Praza da Independencia e dous postos de gardería para os nenos ou nenas que se poidan perder, un na praza Oito de Marzo e outro na praza de América, xunto ao monumento ao emigrante. Ademais, a festa contará con oito grupos de animación relacionados coa temática central deste ano, así como charangas, cañóns lanzadores de confetti e media hora antes do comezo do desfile distribuiranse 50.000 bolsas de serpentinas nos cinco puntos que se instalarán ao longo do percorrido. Finalmente, o concelleiro de Cultura agradeceu ás empresas colaboradoras "polo esforzo que fan para que a Batalla de Flores sexa posible", así como a Seguritas e o Grupo Lar, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais e a Federación de Peñas Recreativas El Olivo, a todo o persoal voluntario e ás persoas integrantes da comisión colaboradora da Batalla de Flores, "xa que entre todos fan que a festa funcione", subliñou.
Descargar todas as imaxes