luns, 19 mai 2008
<br />
O goberno local solicitou esta axuda ao Ministerio de Administracións Públicas e, sumado aos 500.000 euros de aportación municipal, este programa, elaborado pola Concellería de Emprego e Promoción Económica, contará con 2,5 millóns de euros para os próximos 3 anos. "Imos traballar" procura a inserción de 600 desempregados con intinerarios formativos específicos e personalizados, mediante o uso das novas tecnoloxías.
luns, 19 mai 2008
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou este luns un novo proxecto que será coordinado dende a Tenencia de Alcaldía e será desenvolvido polas concellerías de carácter social do Concello Vigués. Trátase da Carta Viguesa da Calidade de Vida, que segundo anunciou o tenente de alcalde servirá para "planificar os eidos nos que é preciso mellorar a calidade de vida da cidadanía a longo prazo" e espera que sexa aprobada polo pleno da corporación nun ano.
luns, 19 mai 2008
O prestixioso arquitecto español, Rafael Moneo, visitou este luns Vigo para estudar, na compaña do alcalde de Vigo, Abel Caballero, e dos responsables municipais de Urbanismo, as posibilidades que ofrece o entorno da Praza do Rei. O alcalde quere "convencer" a Moneo para que se faga cargo dunha reforma "ambiciosa e complexa", "exemplar para o futuro"
luns, 19 mai 2008
No Punto Xove, dependente da Concellaría de Xuventude, pódese ver ata o 27 de maio a exposición de pintura e fotografía de Wayra Rojas co título "Unha opción de futuro"