O Goberno Central subvenciona con 2 millóns de euros o programa de emprego municipal "Imos Traballar"
<br /> O goberno local solicitou esta axuda ao Ministerio de Administracións Públicas e, sumado aos 500.000 euros de aportación municipal, este programa, elaborado pola Concellería de Emprego e Promoción Económica, contará con 2,5 millóns de euros para os próximos 3 anos. "Imos traballar" procura a inserción de 600 desempregados con intinerarios formativos específicos e personalizados, mediante o uso das novas tecnoloxías.
O programa de emprego "Imos Traballar" contará cun investimento superior aos 2,5 millóns de euros para os próximos tres anos. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns que o Goberno de España, a través do Ministerio de Administracións Públicas, decidiu subvencionar con dous millóns de euros este programa, que procura a inserción laboral dos colectivos con maiores dificultades de acceso ao mesmo mediante o uso das PDA.
O rexedor municipal cualificou de "boa noticia" a designación desta axuda, e apuntou que, cos 2 millóns de euros conseguidos para os próximos tres anos, o goberno local "multiplica" a cantidade acadada no período de goberno anterior, que ascendeu a 600.000 euros.
"Imos Traballar"
Este programa centra a súa actividade formativa nas mulleres en xeral, nos menores de 30 anos, nos maiores de 45, nos parados de longa duración e nos colectivos excluídos, tales como inmigrantes, discapacitados, mulleres maltratadas... A actividade desenvolverase nun espazo físico pero tamén no seu equivalente virtual, mediante unha PDA que será facilitada aos alumnos. A maior parte das accións formativas se impartirán utilizando o "Area Virtual" do dispositivo.
A iniciativa contempla diversos itinerarios formativos relacionados coa prestación de servizos ás persoas con dependencia, como a atención sociosanitaria, coidador de discapacitados ou especialista en atención domiciliaria infantil. Ademais se desenvolverán cursos transversais de temáticas tan diversas como a seguridade laboral, as técnicas de procura de emprego ou a creación dunha empresa.
A maiores dos itinerarios establecidos, os titores realizarán outros personalizados, nos que se indique que formación específica debe recibir o alumno para acadar unha axeitada inserción sociolaboral. Posteriormente ao curso, os titores farán un seguimento individual ata que o alumno se incorpore ao mercado laboral, sexa por conta propia como allea.
Os 600 alumnos recibirán información, orientación, colaboración e asesoramento técnico na procura de emprego. Asemade, o proxgrma analizará os xacementos de emprego existentes e as necesidades de formación relacionadas con estes; e se avaliará dun xeito constante o grao de cumprimento dos obxectivos, valorando os cursos e determinando se é preciso adoptar medidas de mellora do proxecto.
15 novos empregados
A Xunta de Goberno Local deste luns aprobou asemade a contratación de 15 novas persoas dentro do Plan de Emprego Municipal. 9 delas se dirixirán ao Programa Útil, que permitirá a adquisición de experiencia profesional, no ámbito da obra pública, de numerosas persoas desempregadas e con problemas de renda.