Escoitar

O arquitecto Rafael Moneo estuda as posibilidades de mellora do entorno da praza do Rei

O prestixioso arquitecto español, Rafael Moneo, visitou este luns Vigo para estudar, na compaña do alcalde de Vigo, Abel Caballero, e dos responsables municipais de Urbanismo, as posibilidades que ofrece o entorno da Praza do Rei. O alcalde quere "convencer" a Moneo para que se faga cargo dunha reforma "ambiciosa e complexa", "exemplar para o futuro"

luns, 19 mai 2008
1211202053moneo1.jpg
O recoñecido arquitecto Rafael Moneo visitou este luns Vigo para analizar sobre o terreo a proposta do alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen trata de "convencer" ao arquitecto de que se faga cargo da reforma do entorno da Praza do Rei.

Abel Caballero e Rafael Moneo estudaron a zona, revisaron planos e fotografías e incluso coñeceron o deseño realizado polo tamén arquitecto Antonio Palacios para este ámbito. O alcalde salientou que Moneo é consciente da "relevancia" dunha reforma "ambiciosa e complexa" que lle "interesa especialmente", pero que parte con "dificultades" polas "barbaridades urbanísticas" acometidas con anterioridade.

O alcalde plantexou ao único gañador español do Premio Pritzker unha actuación "sen límites", no que Moneo poría enriba da mesa as súas propostas "sen limitacións previas" por parte do Concello. Abel Caballero enfatizou que o arquitecto prestou especial atención ao edificio do Concello.

A remodelación proposta polo rexedor incluiría o cruce de Marqués de Alcedo, Celso Emilio Ferreiro e o inicio de Camelias e Venezuela, baixando ata as escaleiras onde comeza a Ferrería, a torre do Castelo e a Falperra. O alcalde non exclúe a Panificadora, aínda que é de titularidade privada, e prestando especial atención á futura Biblioteca Estatal.

Rafael Moneo mostrouse impresionado, segundo constatou o alcalde, do "dinamismo" da cidade, pola simbiose entre "porto, industria e cidade". Abel Caballero salientou que solicitará o apoio económico da Xunta de Galicia e do Goberno de España se o arquitecto acepta reformar a Praza do Rei e o seu entorno.
1211202053moneo1.jpg
1211202066moneo2.jpg
1211202080moneo3.jpg
Descargar todas as imaxes