Escoitar

Este luns deron comezo as obras do aparcamento de Policarpo Sanz

O alcalde de Vigo e o Presidente da concesionaria Eloymar Tranvías asinaron este luns o Acta de Replanteo que da comezo ás obras do aparcadoiro de Policarpo Sanz. Ambos ratificaron que se cumprirán os prazos e en 30 meses estarán concluídos os traballos. O Plan de tráfico xa está en funcionamento ao igual que a sinalización provisional.<br />

luns, 19 mai 2008
1211201696policarposanz.jpg
As obras do novo aparcadoiro de Policarpo Sanz deron comezo este luns coa rúbrica da Acta de Replanteo, asinada polo alcalde e o Presidente da empresa concesionaria, Eloymar Tranvías. Ambos confirmaron que en 30 meses, o prazo inicialmente previsto, estarán concluídos os traballos.

O Plan de Tráfico elaborado polo Concello de Vigo durante o tempo que duren as obras xa está en marcha, incluída a sinalización horizontal e vertical, instalada durante o pasado fin de semana. O Plan ten como obxectivo minimizar as molestias ao tráfico rodado na zona centro da cidade, sen prexuízo para o transporte público en especial.

Os usuarios de transporte privado procedentes das rúas Llorente e Pi y Margall, para acceder o centro urbano, desviaranse polas rúas Falperra, Cachamuíña, Blein Budiño e Venezuela. Os procedentes da rúa Conde de Torrecedeira deberán desviarse polas rúas Gaiteiro, Portela e Beiramar, continuando polo Túnel de Beiramar cara o Areal ou polas rúas Cánovas del Castillo, Montero Rios e Carral; e os procedentes da Avenida das Camelias continuarán pola rúa Venezuela.

Os que acceden a rúa Policarpo Sanz desde as rúas Reconquista deberán desviarse cara a Porta do Sol. Os procedentes da rúa Dr. Cadaval desviaranse cara as rúas Elduayen e Paseo de Afonso XII. Os que acceden a rúa Policarpo Sanz desde a rúa Velázquez Moreno, continuarán por esta cara a rúa Marques de Valladares ou desviaranse cara a Porta do Sol. Os procedentes da rúa de Santiago desviaranse cara Ronda de Don Bosco.

Estarán permitidos os xiros a esquerda desde Policarpo Sanz (sentido Colón-Porta do Sol) para acceder a rúa Velázquez Moreno (treito entre as rúas Policarpo Sanz e Príncipe);
Elduayen (sentido Porta do Sol-Paseo de Alfonso XII) para acceder a rúa Abeleira Menéndez;
Paseo de Alfonso XII (sentido Porta do Sol-Pi y Margall) para acceder a rúa da Ferrería e a rúa de Santiago.

Prohíbese o xiro a esquerda desde o carril Bus/Taxi da rúa Policarpo Sanz, sentido Porta do Sol-Colón, cara a rúa Velázquez Moreno (treito entre Policarpo Sanz e Marqués de Valladares). Prohíbese tamén o estacionamento na rúa Falperra desde a rúa Cachamuíña e no Paseo de Alfonso XII. O Plan de tráfico garante a accesibilidade a aparcadoiros e garaxes, públicos e privados.

O Concello manterá un dispositivo especial de control e vixilancia policial que contribuirá, con labores informativas aos condutores, a aclarar as dúbidas acerca dos desvíos. Ademais, o goberno local elaborou e distribuíu pola cidade 20 carteis informativos de grandes dimensións indicando os desvíos recomendados así coma sentidos obrigatorios e prohibidos.

Na web oficial do Concello de Vigo poderase observar on line o desenvolvemento das obras e a situación do tráfico no contorno de Colón a través das cámaras de tráfico situadas no cruzamento. Poderase examinar asemade na web a situación real das obras, desvíos e incidencias do tráfico durante toda a execución das obras e cunha demora máxima de 24 horas.
Descargar todas as imaxes