mércores, 21 mai 2008
Os 138 novos estacionamentos supón un incremento dun 41% con respecto á actualidade, e estarán listos "nun mes". O obxectivo é "mellorar a mobilidade da cidade", finalidade coa que a Concellería de Mobilidade e Transporte está a elaborar un "estudo de mobilidade sostible" cun investimento de 120.000 euros. Xulio Calviño avanza que estas medidas se ampliarán no futuro.
mércores, 21 mai 2008
"A celebración da Reconquista do 2009 non pode pasar como unha festa máis", salientou o tenente de alcalde, Santi Domínguez, na presentación do programa deseñado para esta conmemoración, que coincide co Bicentenario da cidade. Así, a programación converterá a cidade nunha grande festa, coa celebración dun amplo abano de actividades, entre as que figuran a creación dun portal de Internet sobre a Reconquista e a programación do 2009, unha gran exposición, un simposio internacional, teatro na rúa, un trofeo de traiñeras e actividades escolares. "Este é o programa que xa está pechado, pero pode ampliarse nos vindeiros meses", sinalou o tenente de alcalde.
mércores, 21 mai 2008
No marco da conmemoración do décimo aniversario da posta en marcha do Plan Local de Drogodependencias e outras Adiccións (PDLA), o Centro Comercial Praza Elíptica inaugura mañá 22 de maio, unha exposición conmemorativa que ten por obxectivo amosar o traballo desenvolvido polas unidades de día de drogodependencias, segundo explicou este mércores a concelleira de Benestar Social, María Méndez.
mércores, 21 mai 2008
A Casa das Artes inaugura o xoves a exposición "5 creadores dos 70" [ Caruncho, García Zabarte, Masiá, Vázquez Alemán, Vidal Souto ]. Tras dous anos de expor as súas obras por España e Europa, dánse cita na cidade olívica, ofrecéndonos un recital de poesía visual con 117 obras enriquecedoras da nosa cultura.
mércores, 21 mai 2008
Mais de cen deportistas daranse cita na pista vermella do IMD o sábado 24 de maio para disputar a fase final do III Torneo de Bádminton Concello de Vigo organizado pola Concellería de Deportes, o Club Bádminton Rachaplumas e a Federación Galega de Bádminton.<br />