O alcalde presencia un curso de educación vial para embarazadas
Abel Caballero acude na tarde deste martes ao Centro de Saúde de Coia onde ten lugar un dos cursos de educación vial para mulleres embarazadas que a Policía Local de Vigo está a impartir desde o pasado 12 de maio. A campaña procura o axeitado emprego dos Sistemas de Retención Infantil e se integra dentro dos cursos preparatorios para o parto.
A campaña, iniciada o pasado 12 de maio polo departamento de Educación Vial da Policía Local, pretende concienciar ás futuras nais da relevancia de empregar axeitadamente os Sistemas de Retención Infantil e aclarar as dúbidas que xorden habitualmente sobre o seu uso.
Os axentes encargados de impartir o curso destacan a importancia de asimilar as pautas de seguridade que debemos manter ao circular con menores en vehículos a motor, facéndoo como algo de interese persoal e non como cumprimento dunha norma ou por medo a unha sanción.
O curso explica cales son os distintos tipos de Sistemas de Retención Infantil que podemos atopar no mercado e, axudándose de varios elementos de protección que trasladaron ao propio aula, indicaron cales son as peculiaridades de cada un deles, así como as idades e pesos para os que están orientados. Igualmente, proxectase un vídeo sobre a utilización do cinto de seguridade, no que mediante simulacións virtuais puideron, os e as asistentes, comproban cales son as consecuencias de non empregar tanto os cintos como os propios Sistemas de Retención Infantís.
Finalmente, os docentes explican a normativa aplicable ao transporte de menores e fan entrega a todos os asistentes dun tríptico co resumo de todos os temas tratados durante a charla impartida.
Con este proxecto, a Policía Local, cumpre un dos seus maiores propósitos no exercicio das súas funcións, como é o de Policía preventiva, evitando en moitos casos os accidentes e polo menos, en caso de producirse, minimizando as consecuencias dos mesmos. Espírito de prevención, que se quere trasladar directamente aos futuros pais e nais no momento de maior receptividade, antes da súa nova faceta como protectores e educadores dos seus fillos.
As charlas de sensibilización planificadas polo Departamento de Educación Viaria teñen lugar hoxe martes 20 de maio no Centro de Saúde de Coia e o próximo 17 de xuño no Centro de Teis.