Peche de tráfico na rúa Seara
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de abastecemento, a realizar pola empresa CONSTRUCCIONES DIOS, estará pechada ao tráfico a rúa Seara, treito entre Arquitecto Pérez Bellas e Arquitecto Bar Boo, con acceso exclusivo para garaxes, dende o mércores 21 de maio de 2008 ás 10:00 horas e por un período aproximado de catro semanas.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.