Benestar Social potencia o servizo de atención a inmigrantes e retornados que en 2007 atendeu a 747 persoas
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, presentou este martes a nova oficina de atención a inmigrantes e emigrantes retornados e fixo balance deste servizo que leva a cabo o seu departamento. Na súa intervención, a nacionalista María Méndez sinalou que un total de 747 persoas foron atendidas ao longo do 2007, das que 414 son mulleres (55,4 por cento) e 713 cunha idade comprendida entre os 18 e os 60 anos, (o 95 por cento), é dicir, en "idade laboral".
"A oficina de atención aos inmigrantes e emigrantes retornados é un servizo específico da Concellería de Benestar Social que ten por obxectivos analizar a situación social e legal dos inmigrantes e facer propostas para a planificación de programas aos organismos con competencias directas na materia", explicou María Méndez. Durante o acto de presentación da nova oficina en Martínez Garrido, 21-interior, a edil do BNG indicou que anteriormente este servizo se prestaba no edificio de Asefal, o cal presentaba un "serio problema de accesibilidade", ademais de non ser de titularidade municipal. "Pensamos que era necesario ubicala nun espazo accesible e consideramos que este é o máis axeitado, pola súa proximidade aos barrios onde se concentra o maior número de inmigrantes, especialmente O Calvario e Teis", subliñou. Ademais, fixo fincapé en que nesta nova etapa do servizo municipal de atención á inmigración ampliouse o persoal, de xeito que agora conta cun avogado, un auxiliar administrativo e dous traballadores sociais.
María Méndez explicou que este servizo municipal non só está destinado ao colectivo de inmigrantes e emigrantes retornados, senón tamén a empresarios e axentes sociais interesados en obter información sobre o proceso de regularización, así como axentes de carácter social que estean desenvolvendo programas ou proxectos de atención aos migrantes. A concelleira nacionalista salientou que por lugar de procedencia, Brasil (95), Colombia (80), Uruguai (70). Bolivia (53), Arxentina (43), e Perú (42) son os países que máis inmigrantes aportan, seguidos a distancia por Senegal (31), Nigeria (28), Paraguai (28) e China (26). En canto ao seu nivel de estudos, María Méndez, indicou que o 71 por cento posúen certificados de estudos primarios, bacharelato, COU ou similares. No tocante ao tipo de asesoramento requerido, o arraigo social, a autorización de residencia e traballo, e a reagrupamento familiar son as cuestións que maior número de información xeran.
A concelleira de Benestar Social tamén informou sobre as xestións levadas a cabo durante o primeiro trimestre do ano. Así, salientou que nos tres primeiros meses do ano atendéronse un total de 443 persoas, polo que se detecta un notable incremento da actividade deste servizo, de xeito que a media de atención é de 40 persoas á semana e 150 ao mes. "A media de espera para a primeira cita oscila entre os tres e os oito días, mentres que o prazo de entrega dos informes de arraigo e reagrupamento, unha vez aportada toda a documentación está entre os seis e os 8 días", sinalou. De todos os xeitos, a concelleira fixo fincapé en que pese a que os datos deste servizo municipal son moi relevantes, non representan á totalidade dos inmigrantes e emigrantes retornados que hai en Vigo. Así, aclarou que a poboación de emigrantes da cidade ascende a 14.900 persoas.
Por outra banda, María Méndez indicou que se está a desenvolver un curso destinado aos inmigrantes para introducilos na tramitación administrativa das distintas administracións públicas, no que participan 19 persoas. Así mesmo, anunciou que en aproximadamente dous meses o seu departamento terá en marcha un "dosier de información" para entregar aos inmigrantes no momento que se acheguen ao Concello para empadroarse. O dosier incluirá información sobre as asociacións existentes e teléfonos e direccións de interese para facilitar a integración dos inmigrantes. Finalmente, a concelleira nacionalista expresou o seu desexo de que no pleno municipal correspondende ao mes de xuño se aprobe o Consello Municipal das Migracións, "compromiso electoral do BNG nas pasadas eleccións municipais", lembrou. Ao respecto indicou que nestes momentos estase tramitando unha reunión previa cos colectivos implicados para poñer en marcha a iniciativa.
Descargar todas as imaxes