xoves, 22 mai 2008
A Batalla de Flores, recuperada no 2005 despois de que durante anos desaparecera do calendario festivo de Vigo, celebrarase o vindeiro domingo, día 31 de maio, segundo anunciou o concelleiro de Cultura, Xesus López. Na presentación da festa o edil sinalou que nesta edición, a cuarta dende a súa recuperación, variará o seu percorrido por mor das obras de construcción do aparcamento de Policarpo Sanz. Así, partirá ás 19 horas da rúa Venezuela e percorrerá Camelias e Álvaro Cunqueiro, para rematar na praza de América.<br />
xoves, 22 mai 2008
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este xoves unha reunión con representantes da Asociación de Doantes e Receptores de Órganos de Vigo, ADROVI, onde acordaron celebrar o próximo 2 de xuño unha xornada de sensibilización para "agradecer" aos vigueses a súa "solidariedade" e mostralo "a Galicia e España". Vigo é a cidade de Galicia que conta con máis tarxetas de doantes.
xoves, 22 mai 2008
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, salientou este xoves o traballo que están a desenvolver as unidades de día de drogodependencias de Vigo a prol da reinserción dos seus usuarios e usuarias. A concelleira fixo estas declaracións na inauguración da exposición que hoxe e mañá acolle o Centro Comercial Praza Elíptica no marco da conmemoración do décimo aniversario da posta en marcha do Plan Local de Drogodependencias e outras Adiccións (PDLA).
xoves, 22 mai 2008
Xogos de rol, danza, cociña, obradoiros de contacontos, deportes, servizos ciber, música, teatro...e moitas máis actividades conforman a programación do venres, día 23, das actividades de Tardes e Noites Vivas que organiza a Concellería de Xuventude.