Escoitar

"5 creadores dos 70" amosan o seu traballo na Casa das Artes

A Casa das Artes inaugura o xoves a exposición "5 creadores dos 70" [ Caruncho, García Zabarte, Masiá, Vázquez Alemán, Vidal Souto ]. Tras dous anos de expor as súas obras por España e Europa, dánse cita na cidade olívica, ofrecéndonos un recital de poesía visual con 117 obras enriquecedoras da nosa cultura.

mércores, 21 mai 2008
12113712795creadores.jpg
Vidal Souto, Romero Masiá, Álvaro Caruncho, Vázquez Alemán e Mª Fernanda García Zabarte son cinco daqueles mozos que iniciaron a súa andadura coa eclosión das vangardas pictóricas dos anos 60 que tanto influíu e segue influíndo en novas xeracións.

O moi fértil traballo destes artistas ao longo de corenta anos de esmerado proceso creativo conforman un mosaico de luz e cor co mesmo fin: " Emocionarnos".

A exposición poderase ver ata o 29 de xuño en horario de luns a venres: 18.00 – 21.30 h.
Sábados: 11.00 – 14.00 h.; 18.00 – 21.30 h. Domingos e festivos: 11.00 – 14.00 h.

Descargar todas as imaxes