Escoitar

O sábado celebrase a final do III Trofeo de Bádminton Concello de Vigo nas Travesas

Mais de cen deportistas daranse cita na pista vermella do IMD o sábado 24 de maio para disputar a fase final do III Torneo de Bádminton Concello de Vigo organizado pola Concellería de Deportes, o Club Bádminton Rachaplumas e a Federación Galega de Bádminton.<br />

mércores, 21 mai 2008
1211374475badminton.jpg
Os deportistas pertencen aos colexios de Vigo: Martín Códax, Carmelitas. IES Teis, IES Manuel Antonio, IES Cotobade e as escolas municipais de deportes. A competición disputarase en xogos mixtos , de nenos e nenas , nas categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete .

O torneo comezará ás 09:30 horas e ás 13:30 horas está prevista a entrega de trofeos e premios.

A competición conta coa apoio tamén do IMD, Fundación VIDE e o Servizo Provincial de Deportes.
Descargar todas as imaxes