Unha gran exposición, un simposio internacional e teatro na rúa forman parte do programa de celebración da Reconquista 2009
"A celebración da Reconquista do 2009 non pode pasar como unha festa máis", salientou o tenente de alcalde, Santi Domínguez, na presentación do programa deseñado para esta conmemoración, que coincide co Bicentenario da cidade. Así, a programación converterá a cidade nunha grande festa, coa celebración dun amplo abano de actividades, entre as que figuran a creación dun portal de Internet sobre a Reconquista e a programación do 2009, unha gran exposición, un simposio internacional, teatro na rúa, un trofeo de traiñeras e actividades escolares. "Este é o programa que xa está pechado, pero pode ampliarse nos vindeiros meses", sinalou o tenente de alcalde.
Santi Domínguez lembrou que na presentación do programa correspondente ao 2008 anunciara que a celebración do 2009 "tiña que ser un acontecemento moi importante para a cidade", polo que para dende Tenencia de Alcaldía decidiuse preparar as diversas actividades "coa suficiente antelación" e así chegar ao 28 de marzo próximo "cos deberes feitos". Na preparación deste programa o tenente de alcalde salientou a colaboración mantida, "como non podía ser doutro xeito", coa Asociación de Veciños do Casco Vello, cuxo presidente Henrique Macías participou na presentación. Ademais, sinalou que diversas asociacións da cidade xa se teñen posto en contacto coa Tenencia de Alcaldía para "aportar os seus graos de area na preparación da Reconquista 2009".
A creación dun completo portal de Internet será unha das primeiras iniciativas que se levarán a cabo, e dende el poderase seguir toda a programación de actos previstos, así como visualizar as recreacións dixitais da Reconquista. Pero o máis salientable da programación presentada hoxe, segundo o tenente de alcalde, será a celebración da mostra "Reconquista 1809-2009", que terá lugar na Estación Marítima durante os meses de marzo e abril. Nela amosaranse pezas relevantes da Reconquista viguesa que na actualidade se atopan espalladas en diversos países, como poden ser Reino Unido e Francia. Armas, uniformes, bandeiras, gravados serán presentados ao público, xunto con recreacións vituais e o emprego das máis modernas tecnoloxías. "Por primeira vez poderán verse en Vigo obxectos e documentos ata o de agora nunca vistos na cidade", salientou Santi Domínguez. Os visitantes poderán descubrir documentos inéditos sobre a Reconquista de Vigo e a posterior batalla de Ponte Sampaio, para o cal un equipo de documentalistas tense desprazado á Biblioteca Británica, ao Arquivo Histórico Nacional de Francia, ao Arquivo Xeral Militar de Madrid e ao Arquivo Histórico-Militar de Segovia para recabar estes documentos e poder expoñelos na cidade. Unha montaxe audiovisual, de quince minutos de duración, nunha pequena sala de cine, resumirá para o visitante como foi a historia daqueles días de marzo de 1809, de xeito que teña unha información de conxunto que lle faga máos grata a visita á mostra.
Antes da inauguración da mostra, co comezo do curso 2008-2009, os colexios de vigueses recibirán unha unidade didáctica deseñada para que os rapaces e rapazas coñezan mellor esta cita histórica. Ademais, un simposio interrnacional traerá a Vigo destacados expertos na época napoleónica, e nel se presentarán os últimos estudos históricos sobre o tema. O tenente de alcalde sinalou que a celebración da Reconquista tamén servirá para dar a coñecer o papel das mulleres nesta significativa data, recoñecido a través dunha publicación que se distribuirá nos centros veciñais, sociais e culturais da cidade. Pero na celebración deste acontecemento tamén haberá un espazo para o deporte, de xeito que está previsto que a Ría de Vigo acolla unha "gran parada de veleiros" e unha "regata de traiñeiras", o Trofeo Reconquista. O carácter especial da celebración da Reconquista 2009 cumplirase coa ampliación da celebración a diversos puntos da cidade mediante o programa "A Reconquista na rúa". Deste xeito, o Berbés, a praza da Independencia, o Calvario, a praza da Constitución e As Avenidas acollerán diversos capítulos deste acontecemento da historia de Vigo. O obxectivo non é outro que "facer accesible á cidadanía a historia da cidade de Vigo", segundo subliñou o tenente de alcalde, en diversos barrios, nos que diversas compañías teatrais recrearán a Reconquista, "sempre baixo a supervisión da Asociación de Veciños do Casco Vello", apuntou Santi Domínguez.
Neste sentido, o presidente desta entidade, Henrique Macías, agradeceu ao Concello de Vigo e en especial á Tenencia de Alcaldía, "por ter contado coa colaboración da asociación para elaborar o programa nunha data tan importante para a cidade". Macías indicou que a Asociación de Veciños do Casco Vello "creou esta festa para o disfrute de toda a cidadanía de Vigo, polo que agradecemos que se conte con nós para facer aportacións e axudar na organización dun programa tan espectacular como o do 2009", subliñou.
Descargar todas as imaxes