Escoitar

Vigo presenta por primera vez a súa oferta túristica na feira Expovacaciones de Bilbao

A cidade presentou este ano por primeira vez a súa oferta turística na feira "Expovaciones" que se celebra en Bilbao e na que están representados 25 países e todas as comunicades autónomas. O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, viaxou a Bilbao para apoiar a presentación da oferta de Vigo, que está integrada no pavillón de Turgalicia.

venres, 16 mai 2008
1210943181wxpovacionesbilbao.jpg
Santi Domínguez destacou a importancia de que a cidade tivera presenza nesta feira, unha das máis importantes do sector no Estado español. O tenente de alcalde salientou que Vigo ten que abrir novos mercados na súa promoción e é preciso reforzar a presenza da cidade en todos os certames vinculados ao turismo. "Estamos traballando para mellorar a oferta turística da cidade con novas iniciativas como as audioguías ou a nova sinalización que vimos de presentar, pero paralelamente tamén é preciso vender o que temos e promocionar á cidade nos foros nos que realmente se establecen as redes turísticas", explicou.

O tenente de alcalde aproveitou a súa estadía na feira de Bilbao para establecer contactos con tour operadores e axencias e tamén con delegacións de diferentes países co obxectivo de desenvolver campañas de promoción da nosa cidade no exterior.
Descargar todas as imaxes