mércores, 14 maio 2008

Educación construirá en Vigo 4 novos centros escolares<br />

mércores, 14 mai 2008

O Delegado Provincial da Consellaría de Educación, José Armando Cristobal, confirmou este mércores ao alcalde, Abel Caballero, que se construirá un novo centro para o colexio Virxe do Rocío, na parte baixa da estrada e cun investimento de 1,8 millóns de euros. Ademáis, a Consellaría edificará novos centros para o CEIP Altamar, o CEIP Vicente Risco e o Colexio Caixanova, na finca de San Roque.

3.000 rapaces e rapazas participan en Vigo no Correlingua 2008

mércores, 14 mai 2008

Baixo o lema "365. En galego cabe todo", arredor de 3.000 rapaces e rapazas se deron cita na Praza do Rei para participar no Correlingua 2008. E a eles se dirixiron o tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, para animalos a empregar o galego en todas as facetas da súa vida. "En galego pódese ler, escribir, facer deporte e ata ligar", sinalou o tenente de alcalde, quen tamén animou aos participantes no Correlingua a pedirlle aos seus pais, nais, profesores e profesoras a usar o galego nas súas diferentes actividades.

Máis de mil persoas participan xa no Programa de avellentamento activo da Concellería de Benestar Social

mércores, 14 mai 2008

<br /> "Mellorar a calidade de vida das persoas maiores" é, segundo salientaron o tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, o obxectivo principal do Programa de avellentamento activo que desenvolve este departamento. Nesta iniciativa, que se leva a cabo en seis asociacións de veciños, na Cruz Vermella, na Escola Municipal de Danza e no Pavillón Municipal de As Travesas, participan xa máis de mil persoas.

59 traballadores se encargarán este ano da limpeza das 35 praias de Vigo

mércores, 14 mai 2008

Este mércores deu comezo a tempada de limpeza de praias, e o alcalde recibíu aos 18 novos traballadores contratados este ano polo Concello para realizar este servizo. Estes, sumados aos 6 funcionarios municipais, aos 22 traballadores que aporta a empresa concesionaria FCC e aos 13 máis solicitados á Deputación de Pontevedra, se encargarán da limpeza das 35 praias viguesas.

O Museo Liste co Día das Letras Galegas e o Día Internacional dos Museos

mércores, 14 mai 2008

Museo Liste dedica esta semana unha programación especial a conmemorar o Día das Letras Galegas e o Día Internacional dos Museos. Dende o día 13 ata o día 18 o acceso ó Museo será de balde e nestes días os visitantes desfrutarán de visitas guiadas, poderán ve-lo "Maio" e para os máis pequenos haberá xogos, enredos e actividades en relación coa figura de X.M. Alvárez Blázquez.