Xesus López salienta a importancia de coñecer o patrimonio galego na inauguración da mostra "O Vieiro da Franqueira"
O concelleiro de Cultura, Xesus López, salientou este martes a importancia de coñecer o patrimonio e o paisaxe galegos durante o acto de inauguración da mostra "O Vieiro da Franqueira", que pode visitarse no Verbum dende hoxe e ata o vindeiro 25 de maio. A exposición mostra as bondades dun camiño de 42 kilómetros que comeza na galla do camiño, en Soutomaior e Redondela, e que tras pasar polos concellos de Pazos de Borbén, Mondariz, Mondariz-Balneario, Covelo e Ponteareas, remata no santuario da Franqueira.
"É un pracer para o Concello de Vigo acoller esta exposición, centrada nun camiño que naceu cun obxectivo relixioso que paulatinamente converteuse nun actividade formativa e lúdica", subliñou o concelleiro de Cultura. Ademais, Xesus López salientou o feito de que o percorrido se faga de noite, "o cal invita á reflexión", e deste xeito, "a Casa das Palabras é o lugar idóneo para acollela", indicou.
A exposición, integrada por fotografías, guión de guía, documental, un libro con DVD e trípticos sobre a ruta de peregrinación, amosa os recursos naturais, etnográficos, culturais, históricos, paisaxísticos e a arquitectura popular de cada un dos Concellos integrantes da Asociación Intermunicipal "Vieiro da Franqueira". Cada un deles personalizan o territorio polo que discorren os camiños da Franqueira, facendo fincapé nas súas vereas verdes e na recuperación do camiño da Franqueira como espazo lúdico de sendeirismo en contacto coa natureza e co medio. Ademais, no seu traxecto hai unha variedade de elementos singulares que constitúen un gran atractivo para os amantes da natureza e da arquitectura tradicional ou relixiosa
Na inauguración, na que tamén participaron o Director Xeral de Conservación da Natureza, don Xosé Benito Reza Rodriguez, e os alcaldes dos concellos integrante da Asociación Intermunicipal "Vieiro da Franqueira", o presidente desta entidade, Xaime Rei salientou que o camiño serve de vieiro para os romeiros que acuden ás festas da Franqueira, en marzo e setembro; pero pretende ser tamén unha alternativa para os que teñen por costume facer turismo verde, xa sexa andando ou en bicicleta.
Descargar todas as imaxes