luns, 12 mai 2008
A Xunta de Goberno Local adxudicou este luns por un valor de máis de 14.500 euros o sistema de xestión de espera que permitirá rematar coas colas na lonxa do Concello. A partires da súa instalación, "nun prazo inmediato", os cidadáns contarán cun punto de atención que expedirá boletos personalizados dependendo do servizo do que precisen. Ademais, o goberno cambiará a cuberta da lonxa para terminar coas pingueiras.
luns, 12 mai 2008
O alcalde, Abel Caballero, anunciou a instauración dun protocolo de actuación nas obras de urbanización da cidade que obrigará á coordinación previa de todos os departamentos implicados no traballo. O obxectivo final do goberno é evitar que se abran rúas que xa foron reformadas por falta de planificación.
luns, 12 mai 2008
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentou este luns a nova páxina web deste departamento, <a href='http://www.igualdadevigo.org '> http://www.igualdadevigo.org </a>, que nace co obxectivo de achegar á cidadanía todos os servizos que ofrece a Concellería de Igualdade do Concello vigués. "Este novo recurso intégrase na campaña informativa que estamos a desenvolver", sinalou a edil, quen explicou que o emprego dos novos soportes é unha das características da campaña divulgativa.
luns, 12 mai 2008
O alcalde, Abel Caballero, recibiu este luns aos representantes da A.VV. Centro Sociocultural San Miguel de Oia, quenes lle transmitiron as necesidades da parroquia, sobre todo en materia de beirarrúas e asfaltados. O alcalde comprometeuse a comprobar in situ o estado da zona, e avanzou que se humanizará a unión da praia de Canido coa rúa Arquitecto Cominges.
luns, 12 mai 2008
A exposición temporal "O Vieiro da Franqueira" que se inaugura o martes día 13 de maio ás 12.30 horas no museo Verbum-Casa das Palabras e que se poderá disfrutar ata o domingo 25, contará coa presenza do Concelleiro de Cultura do Concello de Vigo, Xesús López Carreira, do Director Xeral de Conservación da Natureza, Xosé Benito Reza Rodríguez, e dos alcaldes dos concellos integrantes da Asociación Intermunicipal "Vieiro da Franqueira".