Escoitar

Máis de 30 entidades participan no seminario de marqueting social organizado po Voluntariado

Máis de 30 entidades, representando a diferentes colectivos da cidade, participaron no seminario "Comunicación e Marqueting nas Entidades de Voluntariado" organizado pola Oficina Municipal de Voluntariado. A charla, que tivo lugar o xoves día 8 de maio, reflexionou sobre a importancia do márketing nas entidades non lucrativas apuntando algunhas pautas para que axuden a unha comunicación máis eficaz nelas.

venres, 9 mai 2008
1210329628seminariovoluntariado.jpg
O curso dirixiuse, principalmente, a profesionais responsables de entidades e persoas interesadas na coordinación de proxectos de voluntariado. O seminario impartiuno Carlos Mañas Gómez, profesor e activista social que goza dun amplio bagaxe profesional no terceiro sector, pertence a diferentes organizacións no gubernamentais nas que presta a súa colaboración en campañas de sensibilización. Investigador en temas sociais, participa en distintos foros internacionais de voluntariado e é autor de distintas publicacións relacionadas co marketing social e disciplinas afins. Entre as súas últimas colaboracións destaca a sua participación na campaña publicitaria de cobertura internacional "Radio la Colifata" de Aquarius.
Descargar todas as imaxes