Escoitar

O alcalde visita a horta ecolóxica do Colexio Escultor Acuña

Abel Caballero, da man das concelleiras de Parques e Xardíns, Raquel Díaz, e de Educación, Laura L. Atrio, coñeceu hoxe no Colexio Escultor Acuña o programa educativo municipal "Unha horta ecolóxica na escola", implantado nun total de catro centros de educación infantil e primaria. Este proxecto experimental procura transmitir os valores medioambientais aos máis pequenos mediante a construcción dunha horta.

xoves, 8 mai 2008
1210251466Imagen0843.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado das concelleiras de Parques e Xardíns, Raquel Díaz, e de Educación, Laura L. Atrio, visitou un das hortas experimentais postas en marcha pola Concellería de Educación do Concello de Vigo en catro centros educativos de Vigo. Abel Caballero mostrouse satisfeito da visita e acordou cos nenos do Colexio Escultor Acuña que acudiría nunha próxima visita a comer cos rapaces os produtos colleitados na horta.

O Servizo de Educación do Concello de Vigo está a desenvolver de xeito experimental o proxecto didáctico "Unha Horta Ecolóxica na Escola" no presente curso académico para transmitir aos nenos os valores medioambientais. Catro centros de infantil e primaria acollen este proxecto de notable éxito, o Escultor Acuña, o Alfonso R. Castelao, o Mestres Goldar e o Sobreira-Valadares.

Os obxectivos son a implicación curricular, é dicir, o uso da horta como ferramenta pedagóxica e a súa posterior aplicación en diversas materias escolares afondando no medioambiente; e a construción física da horta, para que os nenos convivan dun xeito diferente a nas aulas.

Unha monitora acode aos centros involucrados semanalmente e desenvolve unha actividade co alumnado: sementar, aporcar cultivos, tutorar, esqueixar, limpar malas herbas, etc., dependendo do período do ano. Os centros recibiron todos os recursos e material para o desenvolvemento do proxecto.

A avaliación das comunidades educativas está a ser tremendamente positiva. Os nenos e nenas se están a involucrar, as familias seguen con entusiasmo a evolución da horta, e os docentes observan unha mellor asimilación dos conceptos ensinados na clase, o que lles facilita o paso a un ensino eminentemente práctico.
1210251466Imagen0843.jpg
1210251484Imagen1105.jpg
1210251489Imagen1105.jpg
Descargar todas as imaxes