luns, 5 maio 2008

Santi Domínguez lamenta a visión "parcial" ofrecida en televisión do Casco Vello e reafirma os obxectivos para a súa rehabilitación

luns, 5 mai 2008

"Lamento a visión absolutamente parcial ofrecida nun programa de televisión do Casco Vello de Vigo", subliñou este luns o tenente de alcalde e presidente do Consorcio do Casco Vello, o nacionalista Santi Domínguez, en referenza a emisión o pasado venres do programa "Callejeros" de Cuatro grabado na zona histórica da cidade. "E digo parcial e non falsa, porque a información que se ofreceu é veraz, pero non reflicte o conxunto do Casco Vello vigués", sinalou o tenente de alcalde, quen lembrou que o problema "non é que esta situación saia na televisión, senón que exista".

O Concello axiliza o tráfico na Travesía de Vigo cunha nova sinalización

luns, 5 mai 2008

O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Tráfico e Mobilidade, Xulio Calviño, presentaron este luns a nova sinalización horizontal e vertical na Travesía de Vigo, máis visible e efectiva, coa que o Concello "mellorará o tráfico". A actuación contempla a creación de zonas de carga e descarga e de novas prazas de aparcamento para discapacitados, e a instalación de marquesiñas e paneis informativos dos percorridos.