Escoitar

O alcalde felicita ao Gestibérica Vigo polo seu ascenso

Abel Caballero ofreceu unha recepción na Alcaldía do Concello de Vigo ao equipo técnico e o plantel do Gestibérica Vigo, por mor do seu título na Leb Bronce e o ascenso á categoría de Plata. Unha exitosa campaña que van celebrar cos afecionados ao baloncesto este venres no Pavillón das Travesas.

mércores, 30 abr 2008
1209559227alcaldegestiberica.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibíu este mércores na Alcaldía ao Gestibérica, o equipo de baloncesto vigués que acadou o título na categoría de Bronce da liga LEB e conseguíu así o ascenso directo á de Plata.

O rexedor felicitou ao equipo, directivos, plantel técnico e xogadores, e convidou aos vigueses a achegarse ao Pavillón das Travesas este venres, data na que o Gestibérica ten previsto celebrar o título cos afecionados da Marea Vermella.
Descargar todas as imaxes