martes, 29 abr 2008
O Concello destina 120.000 euros para un estudo que avaliará as necesidades presentes e futuras do tráfico, atendendo ao Plan Viario preparado para Vigo pola Consellería de Política Territorial da Xunta de Galicia e as infraestructuras do futuro Plan Xeral.
martes, 29 abr 2008
A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes licita, coa súa publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no Boletín Oficial del Estado (BOE), a redacción do proxecto de trazado e impacto ambiental do novo vial que conectará a futura autovía Vigo-O Porriño, que impulsa o Ministerio de Fomento, co Segundo Cinto de Circunvalación. Esta nova infraestrutura terá características de autovía.
As modalidades de remo, taekwondo, vela e orientación reunirán a preto de 750 deportistas e 100 árbitros nos diferentes lugares de competición
martes, 29 abr 2008
A Universidade de Vigo será a partir do día 30 de maio, o epicentro deportivo universitario no ámbito estatal grazas á celebración de catro Campionatos de España. Neste eventos, que se enmarcan dentro da candidatura á Universiada de Verán de 2013, reuniranse preto de 750 deportistas e 100 árbitros das modalidades de remo, taekwondo, vela e orientación.
martes, 29 abr 2008
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu a benvida na Alcaldía aos 26 novos membros da Policía Local de Vigo, que están en periodo de formación durante dous meses. O alcalde lles desexou que o seu periodo de prácticas na cidade lles sirva para completar a formación teórica xa recibida con anterioridade.
martes, 29 abr 2008
O vindeiro domingo, 4 de maio, clausúrase a exposición "Laxeiro, debuxos inéditos VI. Anatomías" que amosa 22 debuxos inéditos do corpo humano realizados por Laxeiro durante toda a súa traxectoria.
martes, 29 abr 2008
O vindeiro venres 2 de maio, ás 23:00 horas no escenario situado fronte a pista de bicicletas do parque de O Castro, dará comezo a sexta edición dos Castroconcertos, que forma parte do programa de ocio alternativo xuvenil da Concellería de Xuventude, "Súbete ao Castro". Nesta edición, serán 68 as agrupacións musicais participantes, que ofrecerán un total de 34 concertos entre os meses de maio e setembro, segundo anunciou a concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso.
martes, 29 abr 2008
A Fase de Ascenso de Balonmán Feminino á primeira categoría celebrarase este venres, sábado e domingo, 2, 3 e 4 de maio repectivamente, no pavillón de Lavadores, segundo anunciou este martes o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso. Na competición, que comezará ás 18 horas do venres, participarán catro equipos, o Calfoncal de Vigo, o S.D. Nueva Montaña de Cantabria, o BM. Aula Cultural Yarbiss de Castela e León e o BM Petronor Muskiz do País Basco, "que garantirán un extraordinario espectáculo deportivo durante os tres días do torneo", asegurou o concelleiro.<br />
<br />
martes, 29 abr 2008
O Plan presta especial atención a los colectivos con dificultades de inserción laboral, a la calidad y seguridad en el trabajo, y al apoyo a empresas y emprendedores. El marco incluye un total de 14 programas, de los que 8 sonido de joven creación, y aumenta a 250 los trabajadores involucrados, "mas del doble" que el Plan anterior, destacó el alcalde, Abel Caballero.