Licitase a redacción do proxecto do novo vial que conectará a futura autovía Vigo-O Porriño co segundo cinto
A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes licita, coa súa publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no Boletín Oficial del Estado (BOE), a redacción do proxecto de trazado e impacto ambiental do novo vial que conectará a futura autovía Vigo-O Porriño, que impulsa o Ministerio de Fomento, co Segundo Cinto de Circunvalación. Esta nova infraestrutura terá características de autovía.
O novo vial permitirá enlazar a futura autovía Vigo-O Porriño que construirá o Ministerio de Fomento co Segundo Cinto, coa avenida de Madrid nas proximidades do Seminario e co vial de acceso á Universidade. Esta infraestrutura que agora comeza a deseñar Política Territorial permitirá, polo tanto, dar continuidade e diversificar os tráficos que cheguen a Vigo a través da nova autovía Vigo-Porriño que suporá unha comunicación directa da cidade coa Autovía das Rías Baixas (A-52). O proxecto que redactará a CPTOPT deseñará un vial de distribución seguro e homoxéneo do que se carece na actualidade e no que se terán en conta os accesos ao novo hospital da cidade, mellorando así as comunicacións das que disporá esta dotación sanitaria.
O proxecto que hoxe licita a Consellería de Política Territorial conta cun orzamento de 271.055,34 euros e un prazo de redacción de 18 meses.
Licitadas por 7,2 millóns as urbanizacións das avenidas da Florida e Castrelos
Por outra banda, a Consellería de Política Territorial tamén licita hoxe no DOG as obras de urbanización e mellora da seguridade viaria das avenidas da Florida e Castrelos. Estes traballos contan cun orzamento de licitación conxunto de 7,2 millóns de euros e un prazo de execución de 10 meses. As obras realizaranse a través do convenio asinado entre a CPTOPT e o Concello de Vigo para a reforma destes treitos urbanos de entrada a Vigo das estradas autonómicas Vigo-Baiona (PO-552) e Vigo-Vincios (PO-325), que serán posteriormente transferidos á Administración local.
As avenidas da Florida e de Castrelos forman parte das anteditas estradas autonómicas, pero na práctica pasaron xa a integrar a rede viaria urbana de Vigo. Este carácter de estradas urbanas obriga a axeitar estas vías aos seus usos e a estender os servizos de carácter máis urbano ás zonas onde aínda non existen ou nas que presentan deficiencias. En ambos casos é necesario apostar pola coexistencia dos peóns e dos vehículos mellorando a comodidade dos primeiros e redefinindo e optimizando a circulación dos segundos. Para iso construiranse beirarrúas, disporase novo mobiliario urbano e mellorarase a seguridade viaria.
No caso da avenida de Castrelos, cuxas obras licítanse por 3.192.454,41 euros, localízanse nela tres importantes equipamentos da cidade como son o Instituto Municipal dos Deportes, o Parque de Castrelos e o cemiterio de Pereiró, que condicionan o tipo de actuación a realizar. A reforma da estrada abranguerá dende o seu comezo na praza de América ata a rotonda do camposanto, subdividíndose a actuación en tres para ter en conta as características particulares de cada treito: entre a praza de América e a avenida Arquitecto Palacios ou Primeiro Cinto de Circunvalación (que ten sentido único de circulación e deberase atender ás súas características residenciais e de servizos); entre as avenidas Arquitecto Palacios e Alcalde Portanet (que serve de enlace e da continuidade ao Primeiro Cinto de Circunvalación, polo que é unha importante arteria de tráfico) e entre Alcalde Portanet e a rotonda do cemiterio (onde se enlaza co vial da Universidade).
Pola súa banda, a avenida da Florida, cuxos traballos saen a concurso por 4.007.545,59 euros, presenta problemas de falta de espazo nas beirarrúas e unha pouco axeitada ordenación do elevado tráfico rodado que rexistra. Neste caso a reforma tamén atenderá ás características peculiares de tres tramos diferenciados: o primeiro entre a praza de América e o cruce coas rúas Martín Echegaray e Manuel de Castro, o segundo ata o cruce coa rúa Padre Seixas xunto ao parque da Bouza e o terceiro ata a rotonda da avenida de Citroën que da acceso á Zona Franca.
Segundo o convenio asinado, a Consellería de Política Territorial financia e contrata os traballos e, unha vez que rematen as obras, transferirá ao Concello a titularidade de ambos treitos. Pola súa banda, o Concello foi o encargado de redactar os proxectos técnicos, que foron aprobados pola CPTOPT, facilita os terreos e permisos necesarios para realizar a obra e asumirá a titularidade e mantemento dos treitos reformados e dos seus servizos urbanos.