O Concello elaborará un plan de mobilidade para o estudo do tráfico
O Concello destina 120.000 euros para un estudo que avaliará as necesidades presentes e futuras do tráfico, atendendo ao Plan Viario preparado para Vigo pola Consellería de Política Territorial da Xunta de Galicia e as infraestructuras do futuro Plan Xeral.
O Concello de Vigo, a través da Concellería de Tráfico e Mobilidade, destina 120.000 euros procedentes da concesión da Xestión de Estacionamento Regulado (XER) á elaboración dun Plan de Mobilidade.
O Plan supón a resposta ás novas accións viarias plantexadas pola Consellaría de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte da Xunta de Galicia, e as actuación contempladas no novo Plan Xeral de Ordenación Municipal. Atendendo ás novas infraestructuras, este estudo se fai "imprescindible", salientou o alcalde.
Abel Caballero avanzou a necesidade do plantexamento municipal en ámbitos como o entorno da Plaza de América, que modificará a Consellaría de Política Territorial; a nova estación intermodal de Urzáiz e a zona de Gran Vía, entre outros.
1 millón de euros para asfaltado
A Xunta de Goberno Local deste luns deu tamén o seu visto bó á contratación de suministro para Vías e Obras, o que conlevará que, durante este 2008 e o próximo ano 2009, o Concello destine 1 millón de euros ao asfaltado da cidade, en especial, "para barrios e parroquias", salientou o alcalde de Vigo, Abel Caballero.
Descargar todas as imaxes