Escoitar

A Corporación aproba destinar case dous millóns de euros para a humanización da rúa Coruña

O pleno da Corporación municipal , en sesión celebrada hoxe, aprobou unha modificación orzamentaria por un importe de case tres millóns de euros para a promoción e presentación da candidatura de Vigo á Universiada 2013 e para realizar obras de humanización da rúa Coruña.

luns, 28 abr 2008
A concelleira de Facenda, Vías e Obras, Raquel Díaz Vázquez, informou que o proxecto de humanización da rúa Coruña incluirá a renovación das beirarrúas, da iluminación, do arborado, das tubarias de abastecemento e saneamento, do firme, e tamén incluirá a instalación dunha rede separata de augas pluviais, así como o sistema de contedores soterrados.

O orzamento estimado para esta actuación estímase en 1.925.000 euros, polo que as inversións do Concello para as obras de humanización das rúas da cidade alcanzarán os 10 millóns de euros, segundo explicou a concelleira de Facenda e Vías e Obras.

Raquel Díaz lembrou que dentro dunhas semanas comezarán as humanizacións na Avda. da Florida e na Avda. de Castelao tralo convenio recentemente asinado entre o Concello e a Xunta de Galicia.

Un millón de euros é o presuposto aprobado , no pleno de hoxe, para a promoción e presentación da candidatura Vigo á Universiada 2013. A concelleira defendeu a proposta como " un proxecto de cidade que unirá xeracións, deporte e saúde. A Universiada converterá a Vigo no centro do mundo da competición sa e saudable, do exemplo dos nosos mozos e mozas".