Escoitar

Pleno do Concello

venres, 25 abr 2008
CONVOCATORIA


ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA que terá lugar o día 28 de ABRIL de 2008, ás NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello.


1.- Actas anteriores. (Sesións extrs. 11.02.08 e ord. 25.02.08)

2.- Toma de coñecemento do escrito de renuncia ó cargo de concelleiro D. Javier Guerra Fernández, do Grupo municipal do Partido Popular.

ALCALDÍA
3.- Dar conta de resolucións da Alcaldía:

a) De data 08.04.08 de cesamento de retribucións dunha concelleira do Grupo municipal do PP no réxime de dedicación exclusiva.
b) De data 31.03.08 de cesamento de Dª Carmen Silva Rego e nomeamento de D. José Manuel Mariño Mendoza como membro non electo da Xunta de Goberno Local.
c) De data 31.03.08 asignándolle a dirección da área de Urbanismo e Vivenda a D. José Manuel Mariño Mendoza e modificación da resolución da Alcaldía do 05.07.07 no relativo ós apartados b) e g) do epígrafe V.
d) De data 31.03.08 de retribucións de membro non electo pertencente ó Grupo municipal do PSdeG-PSOE na Xunta de Goberno Local, no réxime de dedicación exclusiva.
e) De data 22.04.08 de retribucións en réxime de dedicación exclusiva dun concelleiro do Grupo municipal do PP.

4.- Escrito de data 24.04.08 de aceptación do réxime de dedicación exclusiva dun concelleiro do Grupo municipal do PP

5.- Nomeamento dun membro do Pleno do Consorcio da Zona Franca en substitución da Sra. Silva Rego.

XESTIÓN MUNICIPAL
6.- Aprobación inicial da modificación orzamentaria 25/2008. Crédito extraordinario para as necesidades vinculadas co desenvolvemento das actuacións e organización do proxecto "Vigo 2013" e humanización de rúas. Expte. 101217/140.

7.- Aprobación inicial da modificación orzamentaria núm. 7/08 do orzamento da Xerencia Municipal de Urbanismo. Crédito extraordinario da urbanización de Barreiro.

8.- Incremento de partida orzamentaria 121.0.150.00.00, produtividade. Expte. 18172/220.

9.- Dar conta do estado de execución do orzamento no primeiro trimestre de 2008. Expte. 101216/140.

MOBILIDADE
10.- Aprobación definitiva da ordenanza municipal reguladora da instalación de terrazas na vía pública. Expte. 74215/210)

MOCIÓNS
11.- Do Grupo municipal do PP instando a realización dun plan sanitario na parroquia de Cabral e noutras zonas que o poidan solicitar.

12.- Do Grupo municipal do PP de instar á Consellería da Vivenda a suspensión da aplicación do Decreto 262/2007, coñecido como "Decreto do Hábitat".

13.- Do Grupo municipal do PP instando a realización dun novo programa educativo en idiomas a desenvolver no actual mandato.

14.- Do Grupo municipal do PP instando desviar a canalización do regato de Chantada para a súa canalización adecuada ata o río Lagares.

15.- Do Grupo municipal do PP instando se fagan as xestións oportunas para o arranxo e acondicionamento vexetal da rotonda existente en Cánovas del Castillo, diante do Centro Comercial "A Laxe".

16.- Do Grupo municipal do PP instando negociar cos organismos competentes a execución do túnel de Guixar.

17.- Do Grupo municipal do PP relativa ó cesamento dos servizos do Concello en materia de emprego e reiterando a aprobación dun novo plan de emprego.

18.- Do Grupo municipal do PP instando a celebración con diversas actividades do día 15 de maio do "Día do emprendedor".

19.- Do Grupo municipal do PP instando se respecte o uso veciñal e social do centro cívico da rúa Romil.

20.- Do Grupo municipal do PP relativa á posibilidade de instalar unha rotonda entre as rúas Venezuela e Marqués de Alcedo.

21.- Do Grupo municipal do PP instando a gratuidade do transporte público para mulleres separadas que teñan como ingreso único a pensión compensatoria.

22.- Do Grupo municipal do PP relativa á falta de atención, persoal e financiamento por parte da Xunta de Galicia dos locais en Vigo do "punto de encontro".

23.- Do Grupo municipal do PP de instar á Xunta de Galicia a ampliación do horario e máis do persoal nas oficinas en Vigo da Consellería da Vivenda.

24.- Rogos e preguntas.