O Concello investirá 2 millóns de euros na instalación de 13 parques biosaudables en 3 anos
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Parques e Xardíns, Raquel Díaz, presentaron este xoves o primeiro parque biosaudable de Castelao, xunto ao parque do emigrante. O obxectivo do goberno local é instalar 13 centros en todo Vigo, destinados tanto aos mais novos como a terceira idade, para o que investirá 500.000 euros anuais.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Parques e Xardíns, Raquel Díaz, inauguraron este xoves o primeiro parque biosausable dos 13 que prevé instalar o goberno local en toda a cidade nos próximos 3 anos. Para este obxectivo, o Concello destinará 500.000 euros cada ano ata acadar os 2 millóns de euros.
O parque presentado este xoves está ubicado xunto ao parque do Emigrante, na rúa Castelao, e conta cunha superficie de 1.420 metros cadrados. O investimento para este primeiro centro ascende aos 60.000 euros, e contempla tres itinerarios para que o utilicen deste rapaces ata os maiores. Un deles é accesible para persoas de calquera idade, o itinerario biosaudable, outro está dirixido aos nenos de ata 12 anos, e o último, unha zona para maiores de 12 anos, está pensado en especial para a terceira idade.
O circuito biosaudable está constituído por unha escaleira, unha barra ondulada para brazos, un tubo de presión para pulsos, unha barra de torsión para a cintura e outros, e elementos para bipedestación, abdominais, respiración, etcétera.
O circuito para menores de 12 anos contempla dous xogos múltiples, 3 columpios con asento berce, 10 xogos de moelle e unha valla perimetral de madeira. A zona para maiores de 12 anos inclúe dous xogos múltiples, dous columpios, e unha valla perimetral de madeira.
O alcalde pedíu a "cooperación ciudadana" para que "ningunha zona de Vigo quede sen parque". Abel Caballero salientou o investimento de 2 millóns de euros realizado pola Concellaría na adecuación e mellora dos parques.
Tanto esta como as demais áreas están adaptadas ás normativas de seguridade. Así, os parques están axeitadamente acotados con valados, as áreas de xogos están reservadas por tramos de idade, inclúen carteis informativos, e presentan unha superficie amortiguadora suficiente para a absorción de impactos.
Descargar todas as imaxes