Escoitar

O Concello estuda implantar en Travesas un Centro Comercial Urbano

A Asociación de Comerciantes das Traviesas (AETRAVI) presentou este mércores ao alcalde este novo modelo de centro que conxuga o ámbito comercial co ciudadano na Praza de América, da Independencia e no entorno de POVISA. Os comerciantes cooperarían co Concello no mantemento co que, ao beneficio comercial, se sumaría a dinamización da zona. Abel Caballero mostrouse "convencido" da súa viabilidade.

mércores, 23 abr 2008
1208953839traviesas.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado pola concelleira de Facenda, Raquel Díaz, mantiveron un encontro coa Asociación de Comerciantes das Travesas (AETRAVI) no que lles presentaron unha primeira proposta de Centro Comercial Urbano na zona que comprende as Praza de América e da Independencia ata o entorno de POVISA.

Unhas das características principais deste novo modelo comercial é a dinamización da zona. Os comerciantes poderían facer uso da vía pública para determinados acontecementos cunha dobre función: promocionar o centro e vitalizar o barrio. Ademais, cooperarían co Concello na conservación e mantemento da zona, alertando ás dependencias municipais de posibles desperfectos o deterioros nas rúas.

Este sistema, calificado polo alcalde de "moi interesante", xa funciona noutras cidades como Bilbao ou Vitoria, e o goberno local vai estudar "a fondo" a súa viabilidade. A Concellaría de Facenda, en colaboración coa Concellería de Seguridade, elaborará un informe concreto no que se delimitará o tipo de convenio a establecer entre o Concello e os comerciantes.

O alcalde afirmou estar "convencido de que vai funcionar", xa que a Asociación presentou unha "primeira proposta bastante razonable". A posta en marcha deste primeiro Centro Comercial Urbano serviría ao Concello como unha "experiencia pioneira", sinalou Abel Caballero.
Descargar todas as imaxes