Escoitar

O tenente de alcalde súmase ao Día Internacional do Libro cunha lectura no colexio Seis do Nadal

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, participou hoxe pola mañá na celebración do Día Internacional do Libro, sumándose ao acto organizado pola comunidade educativa do colexio Seis do Nadal. Santi Domínguez foi invitado a abrir a lectura por relevos que se desenvolveu no centro escolar e na que se implicaron todos os cursos.

mércores, 23 abr 2008
1208954564dialibro.jpg
En cada un dos ciclos educativos houbo a lectura dun libro axeitado á idade do alumnado. O tenente de alcalde iniciou a lectura de "Charlie e a fábrica de chocolate", do autor británico Roalh Dahl, e deulle o relevo a unha das alumnas que continuou o relato,

Santi Dominguez fixo previamente unha breve intervención na que agradeceu o "agasallo que para min supón poder participar hoxe con vós neste acto de animación á lectura". O tenente de alcalde fixo tamén unha invitación aos nenos e nenas a que lean e descubran ao traversos dos libros o fermosísimo mundo que neles se agocha.
Descargar todas as imaxes