xoves, 24 abr 2008
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Parques e Xardíns, Raquel Díaz, presentaron este xoves o primeiro parque biosaudable de Castelao, xunto ao parque do emigrante. O obxectivo do goberno local é instalar 13 centros en todo Vigo, destinados tanto aos mais novos como a terceira idade, para o que investirá 500.000 euros anuais.
xoves, 24 abr 2008
A Xerencia de Urbanismo deu conta este xoves ao Consello de que esta semana estarán a disposición do Concello tres vivendas no Casco Vello que serán destinadas a mulleres que sufriron a violencia machista. O proceso quedou resolto, tras o debate xurídico suscitado polo pago do IVE, e a próxima semana se entregarán ás mulleres.
xoves, 24 abr 2008
As 10.000 entradas para o concerto que ofrecerá Bob Dylan no Instituto Feiral de Vigo o 27 de xuño saerán o venres, día 25, a venda en Caixanova, no teléfono 902.504.500 e na web ww.caixanova.es, a un prezo de 35 euros cada unha, segundo anunciou este xoves o tenente de alcalde, Santi Domínguez. Ademais, salientou que para o concerto de Lenny Kravitz, que terá lugar o 29 de maio tamén no IFEVI, xa se venderon en só unha semana 3.000 entradas das 10.000 postas á venda.
xoves, 24 abr 2008
O Verbum - Casa das Palabras cumpre cinco anos da súa apertura, e para celebralo acollerá o venres, 25 de abril ás 20 horas, un espectáculo de danza inspirado nas tradicións galegas. Ademais a entrada será gratuíta ata o domingo día 27.
O programa de ocio Tardes e Noites Vivas da Concellaría de Xuventude do Concello de Vigo, acolle unha morea de xogos, dirixidos a mozos e mozas, na vindeira fin de semana
xoves, 24 abr 2008
Os mozos e mozas de Vigo teñen unha cita, na tarde-noite do venres e do sábado, cunha gran variedade de xogos repartidos por distintos puntos da cidade. Así pois, poderanse atopar dende xogos de rol ata unha xincana solidaria, pasando por xogos deportivos, outros baseados nas novas tecnoloxías ou espazos para xogar libremente.