Escoitar

O Concello porá vivendas de protección a disposición de mulleres maltratadas

A Xerencia de Urbanismo deu conta este xoves ao Consello de que esta semana estarán a disposición do Concello tres vivendas no Casco Vello que serán destinadas a mulleres que sufriron a violencia machista. O proceso quedou resolto, tras o debate xurídico suscitado polo pago do IVE, e a próxima semana se entregarán ás mulleres.

xoves, 24 abr 2008
O Concello porá a disposición de mulleres que sufriron a violencia machista tres vivendas de protección no Casco Vello vigués. A Xerencia de Urbanismo deste xoves informou ao Consello dun asunto que foi desbloqueado tras solventar o proceso xurídico sobre o pago do IVE.

A este respecto, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, salientou a "eficiencia política absoluta do Concello", que disporá nestes sete días das vivendas para a súa utilización a partir da próxima semana.